Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.824

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 14 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador 46/2000 a Jesús Martínez Ares.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 46/2000, seguido en virtude de denuncia formulada por Juan Carlos Saco Mirón na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 170 da avda. 18 de Xullo de Lugo, contra Jesús Martínez Ares, finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por non realiza-las obras necesarias para amaña-las deficiencias denunciadas.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución de expediente sancionador 46/2000.

Vista a denuncia presentada por Juan Carlos Saco Mirón na súa calidade de presidente da comunidade de propietarios do edificio nº 170 da avda. 18 de Xullo de Lugo, e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos

Primeiro.-Con data 8 de abril de 1999, por Juan Carlos Saco Mirón, formula denuncia diante desta delegación do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sobre vicios e defectos de construcción no inmoble citado.

Segundo.-Consecuente coa denuncia formulada, abríronse dilixencias previas baixo o nº 17/99, que finalizaron con requirimento á promotora inmobiliaria Jesús Martínez Ares, para que efectuase as reparacións que se sinalaban, concedéndoselle un prazo de 10 días para remisión do proxecto e de 30 días para a súa execución.

O requirimento foi notificado a través do Diario Oficial de Galicia en data 7 de agosto de 2000, ó encontrarse a empresa en cuestión ausente do domicilio social.

Terceiro.-Que con data 25 de setembro de 2000 díctase resolución pola que se ven iniciar expediente sancionador baixo o número 46/2000, o cal foi notificado a través do Diario Oficial de Galicia, en data 23 de novembro de 2000, ó encontrarse a empresa en cuestión ausente do domicilio social.

Feito probado.

Único.-Determínase, así, como feito probado, ó non ter constancia nesta delegación da realización das obras de reparación requiridas, que a promotora Jesús Martínez Ares incumpriu a obriga de amaña-las deficiencias observadas.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para a resolución do presente expediente o delegado provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, de acordo co disposto no Decreto 134/1997, do 22 de maio.

2. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a presentar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

3. Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación da presente proposta para presenta-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

4. De acordo co artigo 153 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, do 26 de novembro, o presunto responsable ten dereito a coñecer, entre outros extremos, o instructor do procedemento sancionador, dereito que o artigo 13.1º do Regulamento do procedemento estende ó coñecemento do secretario, sendo o seu réxime de recusación o previsto nos artigos 28 e 29 da dita lei.

Vistos os preceptos sinalados e os demais de aplicación xeral, este instructor propón:

1. Impoñer á promotora inmobiliaria Jesús Martínez Ares unha sanción de 500.001 pesetas de multa.

2. Que conforme o disposto no número 2, do artigo 8, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, sen prexuízo da sanción imposta, deberá realiza-las obras de reparación para as que a execución fue requirida por este organismo na tramitación do expediente sancionador.

Notifíquese a presente proposta ós interesados con indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderán presentar alegacións no prazo de 15 días, ó termo dos cales a delegación provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 14 de decembro de 2000.

Francisco Centeno Márquez

Instructor