Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 1 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de requirimento á promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L. (expediente DP-406/2000).

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente de dilixencias previas 406/2000, seguidas en virtude de denuncia formulada por Luisa González González, contra a promotora inmobiliaria Prado Gay, S.L., finalizando este trámite con requirimento á promotora inmobiliaria para que emende as deficiencias observadas na vivenda 3º G da avda. Carrero Blanco, 195 de Lugo.

As obras de reparación que hai que realizar son as necesarias para amaña-las deficiencias observadas, consistentes en:

-O bidé encóntrase colocado a 7 cm da bañeira e non é posible a súa utilización no sentido adecuado.

-A porta do baño presenta una curvatura na súa parte superior e non cerra adecuadamente.

Para tal fin concédeselle á empresa un prazo de 10 días para a remisión do proxecto e do orzamento a esta delegación provincial, e un prazo de 30 días para a súa execución.

A non realización das obras nos prazos sinalados determinará a iniciación do oportuno expediente sancionador.

Lugo, 1 de decembro de 2000.

Antonio Boné Pina

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo