Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada do bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Alto Berdillo (Carballo).
Liña eléctrica aérea de media tensión a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 72 m de lonxitude, coa orixe no apoio nº 4 da liña que alimenta ó C.T. Longrás e final no C.T. Alto Berdillo, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 15/0,380-0,220 kV en Alto Berdillo, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 249 m de lonxitude. No termo municipal de Carballo
A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 7 de novembro e no BOP do 19 de outubro, no xornal El Ideal Gallego do día 13 de outubro de 2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Carballo, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.
Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro sobre autorización e expropiación forzosa das intalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:
Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 20 de decembro de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña