Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2000, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública, e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 188/2000).

Vista a solicitude para autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada do bens ou dereitos que se consideran de necesaria expropiación, así como a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Abuín (Porto do Son).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e con conductor LA-56, de 393 m de lonxitude, coa orixe na liña eléctrica derivada de L.M.T. Boiro-Porto do Son (expte. 24737) e final en C.T. de Abuín, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 100 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Abuín, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 840 m de lonxitude. No termo municipal de Porto do Son.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 6 de novembro e no BOP do 19 de outubro, no xornal El Correo Gallego do día 10 de outubro de 2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Porto do Son, ó mesmo tempo, notificouse individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617/1966 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das intalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que coide pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 20 de decembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña