Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.803

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (96/1999).

Nos autos de execución 96/1999 e acumulada, seguidos neste Xulgado do Social número un de Santiago de Compostela, por instancia de Manuel Sánchez Pájaro e outros, contra José Álvarez Tato, data dezaoito de decembro de dous mil, dictou a maxistrada xuíza substituta deste xulgado, Mª Fe López Juíz, providencia que literalmente contén a seguinte:

Providencia maxistrada xuíza substituta López Juíz. Dada conta; visto o estado da presente execución número 96/1999 e acumulada, seguida neste xulgado por instancia de Manuel Sánchez Pájaro e outros, contra José Álvarez Tato; téndose acordado nesta, en proveído do vintecatro de outubro pasado, a realización de poxas os próximos días 8 de xaneiro, 29 de xaneiro e 19 de febreiro, de dous mil un, para as 10.30 horas, e tendo cesado o secretario titular deste xulgado, como queira que o próximo día oito de xaneiro están sinalados xuízos no Xulgado do Social número dous de Santiago de Compostela, e non podendo realizarse ámbolos actos (xuízos e poxa) por coincidir cronoloxicamente, dado que o secretario do Xulgado do Social número dous se fixo cargo das dúas secretarías, acórdase a suspensión da presente poxa, sen prexuízo de novo sinalamento. Notifíquese a presente resolución coa publicación do correspondente edicto no DOG. Mándao e asínao, do que dou fe, a maxistrada xuíza Mª Fe López

Juíz. O secretario Camilo José García-Puertas Magariños. Asinados e rubricados».

E para que conste, e para os debidos efectos de publicación e coñecemento xeral, insírese esta cédula no Diario Oficial de Galicia.

En Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2000.

O secretario por substitución

Rubricado