Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.803

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2001, da División de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo segundo a Resolución do 15 de novembro de 2000, pola que se modifican determinados aspectos da Resolución do 8 de abril de 1996, pola que se convocou concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do C. H. Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense.

O punto cuarto da Resolución do 15 de novembro de 2000 (DOG nº 232, do 30 de novembro) da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se modifican determinados aspectos da Resolución do 8 de abril de 1996 (DOG nº 74, do 16 de abril), pola que se convocou concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Madre-Dr. Cabaleiro Goás de Ourense, dispón que se abre novo prazo de vinte días naturais para que tódolos aspirantes que superaron a fase de oposición presenten, para os efectos da fase de concurso, os documentos que acrediten os servicios prestados consonte o novo baremo rectificado ata a data na que finalizou o prazo de presentación das solicitudes para participar no proceso selectivo convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

O punto 22 da base sexta B) da Resolución do 8 de abril de 1996 da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se convocou o citado concurso-oposición, dispoñía que, feita polos tribunais a baremación correspondente, publicarase no Diario Oficial de Galicia con indicación da puntuación obtida por cada aspirante na fase de concurso, para os efectos de que os aspirantes que o consideren oportuno poidan presentar reclamación perante o propio tribunal no prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación.

Xa que logo, os tribunais das categorías de ATS/DUE, xestión da función administrativa, asistente social, TEL, TER, auxiliar de enfermería, auxiliar administrativo, telefonista, celador e operario teñen rematada a nova baremación, polo que comisionado este centro directivo para a publicación do dito anuncio,

RESOLVE:

Primeiro.-Publica-las puntuacións obtidas polos aspirantes das devanditas categorías relativas á baremación da fase de concurso, nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

e) No Servicio de Persoal do Propio Complexo Hospitalario de Ourense.

Segundo.-Abri-lo prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para que os ditos aspirantes poidan presentar, de se-lo caso, reclamación perante o propio tribunal contra a baremación.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2001.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos