Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.792

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se abre o prazo para a presentación de solicitudes ás que se refire o artigo 12.c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo.

Base 1ª.-Obxecto.

O obxecto da presente convocatoria é a modificación das listas elaboradas trala convocatoria rea

lizada pola resolución do 30 de xuño de 1999 da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 12, do 7 de xullo) para a cobertura,con carácter temporal, de postos de traballo dos grupos e categorías da Administración da Xunta de Galicia que se especifican no anexo I, cando a súa cobertura se considere de urxente necesidade, mentres non sexan ocupados polo correspondente persoal laboral fixo, de conformidade co disposto no artigo 12.c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, modificado polo Decreto 70/2000, do 31 de marzo e no punto 5 da base 6ª da citada resolución.

Base 2ª.-Modificación das listas.

A modificación consistirá, de conformidade co artigo 12.c do Decreto 89/1997, do 10 de abril, na inclusión das persoas que reúnan os requisitos ós que se refire o anexo I da presente resolución (os citados requisitos deberán posuílos o último día de prazo para a presentación de solicitudes) para formar parte das listas A1, A2 ou B e ou ben non presentaron no prazo fixado pola Resolución do 30 de xuño de 1999 da Dirección Xeral da Función Pública (DOG nº 12, do 7 de xullo) a correspondente instancia, ou ben presentando solicitude figuraron excluídos ou non admitidos nas listas definitivas do grupo e categoría que se trate.

De conformidade co exposto anteriormente, as listas nas que se incluirán os solicitantes serán as seguintes:

Lista A) 1. Incluiranse nestas listas os aspirantes que, non superando o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e obtiveron puntuación na fase do concurso. Neste caso a prelación virá dada pola posición obtida na resolución das respectivas convocatorias de acceso, computándose a suma de ámbalas dúas puntuacións, figurando aquela de maior a menor.

Lista A) 2. Incluiranse nesta lista aqueles aspirantes que, non superando o último proceso selectivo correspondente, aprobaron tódalas probas da fase de oposición e non obtiveron puntuación na fase de concurso, fixando a súa prelación en función da suma das cualificacións obtidas na dita fase, ordenadas estas de maior a menor.

Así mesmo, aqueles aspirantes que, aínda tendo puntos correspondentes á fase de concurso, desexen inscribirse na lista A)2 renunciando ós puntos da fase de concurso e polo tanto á súa inclusión na lista A) 1 poderán facelo sinalándoo na instancia, debendo permanecer na devandita lista, unha vez efectuada a opción durante a súa vixencia.

Se se trata de interesados ós que lles sexa de aplicación a alínea A 1 deberán indicar na solicitude en qué alínea desexa figurar na lista (A1 ou A2). No seu defecto incluirase na alínea A1.

Os aspirantes poderán elixir ser incluídos nas listas respectivas en máis dun ámbito territorial. Unha vez chamados para prestar servicios nun dos ámbitos elixidos e logo de aceptación do posto de traballo, serán excluídos dos demais ámbitos territoriais nos que figuren, sen prexuízo do disposto no artigo 8 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

De acordo co disposto no artigo 4.2º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, as listas que se confeccionan para os grupos e categorías que así se sinalan no anexo I serán unicamente as correspondentes ás alíneas sinaladas con anterioridade (A1 e A2), ó considerar suficiente o número de opositores que non superaron os últimos procesos selectivos pero si tódalas probas da fase de oposición.

No caso de empate prevalecerá a nota máis alta conseguida no primeiro exame, do correspondente proceso selectivo.

Os chamamentos realizaranse utilizando simultánea e alternativamente as listas A) 1 e A) 2 de forma que o primeiro aspirante chamado será o correspondente da lista A) 1, o segundo o da lista A) 2, e así sucesivamente ata esgota-las dúas listas da letra A). Todo isto en cada ámbito territorial no que existan as listas de que se trate.

Lista B:

Incluiranse nesta lista os solicitantes que non reúnan as condicións para poder inscribirse nas anteriores, e a súa orde de prelación virá dada pola puntuación obtida de acordo co baremo ó que se refire o artigo 12.B) do Decreto 89/1997, do 10 de abril. En todo caso, o chamamento ós integrantes desta lista terá carácter subsidiario da lista A1 e A2.

Esta lista só se aplicará ós aspirantes que se inscriban na lista de grupos e categorías que se especifican con tal carácter no anexo I.

Cada interesado poderá presentar solicitude para ser incluído nunha ou máis listas e dentro destas nos ámbitos territoriais que desexe. Unha vez chamado para prestar servicios nun dos ámbitos elixidos e logo de aceptación do posto de traballo, será excluído dos demais ámbitos territoriais nos que figure, sen prexuízo do disposto no artigo 8 do Decreto 89/1997, do 10 de abril.

De conformidade co disposto no artigo 4.3º do Decreto 89/1997, do 10 de abril, a comisión permanente de valoración poderá fixar un número máximo de compoñentes das listas cando, por un número de instancias presentadas e o número de vacantes que se prevexan que poidan producirse, aquel pareza suficiente.

Polo que se refire ó ámbito territorial para cada grupo e categoría dos que figuren no anexo I, elaborarase unha nova lista para servicios centrais e/ou para cada provincia da Comunidade Autónoma salvo para aquelas categorías que se indican no anexo I na que a elaboración das listas será de ámbito terri

torial inferior ou superior ó da provincia. Para tal efecto, no anexo V especifícanse os distintos ámbitos territoriais nos que será efectiva cada lista.

Base 3ª.- Solicitudes.

3.1. As solicitudes que presenten os interesados para a súa inclusión na correspondente lista dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública e axustaranse ó modelo que se publica como anexo II e III desta convocatoria.

3.2. O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais, oficinas comarcais da Xunta de Galicia, así como nos lugares previstos no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3.3. Os solicitantes estarán obrigados, no prazo de dez días contados a partir da publicación das listas provisionais a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante de pagamento das taxas que a seguir se expresan:

Grupo I: 7.755 ptas.

Grupo II: 6.780 ptas.

Grupo III: 5.810 ptas.

Grupo IV: 4.845 ptas.

Grupo V: 3.880 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Para facer efectivo o ingreso da taxa deberase cubri-lo anexo IV. Os modelos correspondentes a este anexo facilitaranse nas dependencias da Administración da Xunta de Galicia especificadas na base 3.2, debendo cubrirse cos códigos que figuran neste. Non obstante, para o cumprimento de este requisito poderanse utilizar unha fotocopia do anexo IV, que se publica con esta convocatoria.

Base 4ª.-Requisitos.

1. Non figurar admitido con carácter definitivo na lista do grupo e categoría correspondente.

2. Os solicitantes deben reuni-los requisitos que para cada grupo e categoría se determinen no anexo I.

3. Ser español, sen prexuízo do establecido na Lei 17/1993.

4. Ter cumpridos os 18 anos.

Os citados requisitos deberán posuílos o último día de prazo para a presentación de solicitudes.

Así mesmo, terán que acreditar no momento en que acepten o posto de traballo que se lles oferte:

-Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das correspondentes funcións.

-Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude dun expediente disciplinario nin inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

-Estar en posesión do título esixido para o grupo e categoría a que se accede.

-Declaración de non estar incurso nalgún dos supostos da normativa en materia de incompatibilidades (Lei 53/1984, do 2 de agosto e normativa concordante)

No suposto de non acreditar estes requisitos, os solicitantes decaerán en tódolos seus dereitos e quedarán excluídos da lista.

Base 5ª.-Documentación.

Xunto coa solicitude deberán presentar fotocopia do DNI e da titulación académica esixida no anexo I.

Os méritos que invoquen os interesados e que, de acordo co baremo previsto no artigo 12 do Decreto 89/1997, desexen que se lles teña en conta, así como o cumprimento dos requisitos esixidos para cada grupo e categoría que se solicite, acreditaranse debidamente mediante documentos orixinais ou fotocopias destes, que se presentarán cotexadas de maneira que dean fe, debendo numerarse de acordo co modelo do anexo III, sinalando que non se valorarán aqueles méritos que a comisión considere que non estiveran suficientemente acreditados.

Os méritos admisibles e valorables serán unicamente os causados ata o 7 de xullo de 1999, data da publicación da Resolución do 30 de xuño de 1999 da Dirección Xeral da Función Pública pola que se abre o prazo de presentación de solicitudes para a elaboración das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril.

Os méritos a que se refiren as alíneas B.2) e B.3) do artigo 12 do referido decreto, servicios prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo e categoría e nas outras administracións públicas no mesmo grupo e categoría, acreditaranse mediante certificación xustificativa que deberá ser emitida polos órganos de xestión de persoal competentes.

Os méritos a que se refire a alínea B.4) do artigo 12 do referido decreto, servicios prestados nas empresas privadas no mesmo grupo e categoría, acreditaranse mediante copia cotexada dos contratos e informe de vida laboral emitido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social.

No suposto de alegar méritos polas alíneas A) e B.1) (ter superados a totalidade ou algún dos exercicios do último proceso selectivo), non será necesario que o interesado os xustifique.

Base 6ª.-Elaboración das listas.

6.1. A comisión permanente de selección para a cobertura temporal de postos de traballo reservados ó persoal laboral, ó que se refire o artigo 5 do Decreto 89/1997, e que ten a categoría primeira das previstas no Decreto 299/1990, do 24 de maio, será a encargada de elabora-las listas correspondentes. A petición da comisión permanente, e cando o número de aspirantes así o faga aconsellable, poderán nomearse comisións colaboradoras, e a súa función será participar na aplicación do baremo os méritos alegados polos interesados.

6.2. Unha vez elaboradas as listas obxecto desta convocatoria, a Dirección Xeral da Función Pública publicará no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición destas nos taboleiros de anuncios do Servicio de Información e Atención o Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas súas delegacións provinciais e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

6.3. A partir da data da publicación no Diario Oficial de Galicia do anuncio da exposición das listas definitivas desta convocatoria, os solicitantes admitidos serán incluídos pola Comisión Permanente de Selección nas listas do grupo e categoría existentes, no lugar que lle corresponda pola orde de prelación atendendo á puntuación obtida segundo o establecido na base 2.

Contra a presente resolución que non esgota a vía administrativa poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da presente resolución segundo o disposto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

GrupoCategoríaRequisitos académicos requiridosÁmbito territorialObservacións

I2Licenciado/a en medicina.Provincial e servicios centraisLista A1/A2/B.

II2ATS/DUEProvincialLista A1/A2/B.

III3FP (rama agraria), ou bacharelato superior, FP ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.ProvincialLista A1/A2/B.

III4a) FP (rama hostalería e turismo) ou b) bacharelato superior, FP ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Adminstración pública ou catro anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.ProvincialLista A1/A2/B.

III14a) FP (rama hostalería e turismo, especialidade hostalería) ou b) bacharelato superior, FP ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Adminstración pública ou tres anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.ProvincialLista A1/A2/B.

III65a) FP (rama hostalería e turismo, especialidade hostalería) ou b) bacharelato superior, FP ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.ProvincialLista A1/A2/B.

III68FP (rama agraria), ou bacharelato superior, FP ou equivalente e tres anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou catro anos na empresa privada.ProvincialLista A1/A2/B.

III78a) FP (rama hostalería e turismo) ou b) bacharelato superior, FP ou equivalente e dous anos de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou tres anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.ProvincialLista A1/A2/B.

IV5a) FP rama hostalería e turismo, profesión cociña ou b) graduado escolar, FP ou equivalente e un ano de experiencia acreditada na categoría na Administración pública ou dous anos na empresa privada. Carné de manipulador de alimentos.Agrupacións de municipiosLista A1/A2/B.

V10ECertificado de estudios primarios ou equivalente.Ámbito únicoLista B

V11Certificado de estudios primarios ou equivalente. Carné de manipulador de alimentos.Agrupacións de municipios: X1507, X1508, X1509, X1511, X3202, X3203, X3207, X3209, X3210Lista A1/A2/B

Relación e denominación das categorías das que se abren listas.

Grupo I. Titulados superiores.

(2) Titulado superior médico/a // Médico/a xeriatra// Médico/a CEI // Médico/a adxunto/a // Médico/a.

Grupo II. Titulados de grao medio.

(2) ATS // Enfermeiro/a // Practicante.

Grupo III. Especialistas e encargados.

(3) Controlador/a Pecuario/a // Axudante técnico/a pecuario/a.

(4) Gobernante/a // Gobernante/a servicios domésticos.

(14) Xefe/a de cociña.

(65) Oficial 1º cociña // Oficial 1º cociñeiro/a // Xefe/a de cociña 2º // Cociñeiro/a 1º.

(68) Pastor/a oficial 1º // Maioral // Oficial 1º gandería // Oficial 1º campo // Oficial 1º agrícola // Capataz agrícola.

(78) Subgobernante/a.

Grupo IV. Oficiais de 2ª administrativos e oficiais de 2ª.

(5) Oficial 2ª cociña // Cociñeiro/a.

Grupo V. Persoal subalterno, de vixilancia e de servicios específicos non titulados.

(10E) Vixilante de arquivos, bibliotecas e museos.

(11) Limpador/a // Fregador/a // Empregado/a comedor // Empregado/a cociña-pincha // Servicios doméstico // Mozo/a de limpeza // Pinche de cociña // Persoal servicios xerais.

ANEXO V

Ámbitos territoriais

D0000-SERVICIOS CENTRAIS

D1500-PROVINCIA DA CORUÑA

D2700-PROVINCIA DE LUGO

D3200-PROVINCIA DE OURENSE

D3600-PROVINCIA DE PONTEVEDRA

U0000-ÁMBITO ÚNICO

Agrupacións de municipios

Provincia da Coruña:

X1501-Arzúa, agrupa os seguintes concellos:

Arzúa, Boimorto, Curtis, Melide, O Pino, Santiso, Sobrado, Toques, Touro, Vilasantar.

X1502-Betanzos, agrupa os seguintes concellos:

Betanzos, Abegondo, Aranga, Bergondo, Cesuras, Coirós, Irixoa, Miño, Oza dos Ríos, Paderne, Sada.

X1503-Carballo, agrupa os seguintes concellos:

Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Ponteceso.

X1504-Cee, agrupa os seguintes concellos:

Cee, Camariñas, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Muxía, Vimianzo, Zas.

X1505-A Coruña, agrupa os seguintes concellos:

A Coruña, Arteixo, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros.

X1506-Ferrol, agrupa os seguintes concellos:

Ferrol, As Pontes de García Rodríguez, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, As Somozas, Valdoviño.

X1507-Muros, agrupa os seguintes concellos:

Muros, Carnota, Mazaricos.

X1508-Negreira, agrupa os seguintes concellos:

Negreira, A Baña, Ames, Brión, Santa Comba.

X1509-Noia, agrupa os seguintes concellos:

Noia, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Lousame, Outes, Porto do Son, Ribeira.

X1510-Ordes, agrupa os seguintes concellos:

Ordes, Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia, Trazo, Val do Dubra.

X1511-Ortigueira, agrupa os seguintes concellos:

Ortigueira, Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón.

X1512-Padrón, agrupa os seguintes concellos:

Padrón, Dodro, Rianxo, Rois, Teo.

X1513-Pontedeume, agrupa os seguintes concellos:

Pontedeume, A Capela, Ares, Cabanas, Fene, Monfero, Mugardos, Vilamaior.

X1514-Santiago de Compostela, agrupa os seguintes concellos:

Santiago de Compostela, Boqueixón, Vedra.

Provincia de Lugo:

X2701-Becerreá, agrupa os seguintes concellos:

Becerreá, As Nogais, Baralla, Cervantes, Navia de Suarna, Pedrafita do Cebreiro.

X2702-Cervo-Foz, agrupa os seguintes concellos:

Cervo, Foz, Alfoz, O Valadouro.

X2703-Chantada, agrupa os seguintes concellos:

Chantada, Antas de Ulla, Carballedo, Monterroso, Taboada.

X2704-A Fonsagrada, agrupa os seguintes concellos:

A Fonsagrada, Baleira, Negueira de Muñiz.

X2705-Lugo, agrupa os seguintes concellos:

Lugo, Begonte, Castro de Rei, Castroverde, Friol, Guitiriz, Guntín, Láncara, Meira, O Corgo, O Páramo, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pol, Portomarín, Rábade, Ribeira de Piquín.

X2706-Mondoñedo, agrupa os seguintes concellos:

Mondoñedo, A Pastoriza, Abadín, Lourenzá.

X2707-Monforte de Lemos, agrupa os seguintes concellos:

Monforte de Lemos, A Proba de Brollón, Bóveda, O Saviñao, Pantón. Sober.

X2708-Quiroga, agrupa os seguintes concellos:

Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil.

X2709-Ribadeo, agrupa os seguintes concellos:

Ribadeo, A Pontenova, Barreiros, Riotorto, Trabada.

X2710-Sarria, agrupa os seguintes concellos:

Sarria, O Incio, Paradela, Samos, Triacastela.

X2711-Vilalba, agrupa os seguintes concellos:

Vilalba, Cospeito, Murás, Xermade.

X2712-Viveiro, agrupa os seguintes concellos:

Viveiro, O Vicedo, Ourol, Xove.

Provincia de Ourense:

X3201-Allariz, agrupa os seguintes concellos:

Allariz, Baños de Molgas, Maceda, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadanedo.

X3202-Bande, agrupa os seguintes concellos:

Bande, Entrimo, Lobeira, Lobios, Muíños, Padrenda, Verea.

X3203-O Barco de Valdeorras, agrupa os seguintes concellos:

O Barco de Valdeorras, A Rúa, A Veiga, Carballeda, Larouco, Petín, Rubiá, Vilamartín de Valdeorras.

X3204-O Carballiño, agrupa os seguintes concellos:

O Carballiño, Beariz, Boborás, Maside, O Irixo, Piñor, Punxín, San Amaro, San Cristovo de Cea.

X3205-Celanova, agrupa os seguintes concellos:

Celanova, A Bola, A Merca, Cartelle, Cortegada, Gomesende, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás.

X3206-Ourense, agrupa os seguintes concellos:

Ourense, Amoeiro, A Peroxa, Barbadás, Coles, Esgos, Nogueira de Ramuín, Paderne de Allariz, Parada de Sil, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Taboadela, Toén, Vilamarín.

X3207-A Proba de Trives, agrupa os seguintes concellos:

A Proba de Trives, A Teixeira, Castro Caldelas, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Montederramo, Río.

X3208-Ribadavia, agrupa os seguintes concellos:

Ribadavia, Arnoia, Avión, Beade, Carballeda de Avia, Castrelo de Miño, Cenlle, Leiro, Melón.

X3209-Verín, agrupa os seguintes concellos:

Verín, Castrelo do Val, Cualedro, Laza, Monterrei, Oímbra, Riós, Vilardevós.

X3210-Viana do Bolo, agrupa os seguintes concellos:

Viana do Bolo, A Gudiña, A Mezquita, O Bolo, Vilariño de Conso.

X3211-Xinzo de Limia, agrupa os seguintes concellos:

Xinzo de Limia, Baltar, Calvos de Radín, Os Blancos, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmirás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos.

Provincia de Pontevedra:

X3601-Caldas de Reis, agrupa os seguintes concellos:

Caldas de Reis, Barro, Campo Lameiro, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas, Valga.

X3602-A Cañiza, agrupa os seguintes concellos:

A Cañiza, Arbo, Crecente, O Covelo.

X3603-A Estrada, agrupa os seguintes concellos:

A Estrada, Forcarei, Silleda.

X3604-Lalín, agrupa os seguintes concellos:

Lalín, Agolada, Dozón, Rodeiro, Vila de Cruces.

X3605-Ponteareas, agrupa os seguintes concellos:

Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño.

X3606-Pontevedra, agrupa os seguintes concellos:

Pontevedra, A Lama, Bueu, Cerdedo, Cotobade, Marín, Meaño, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Sanxenxo, Vilaboa.

X3607-Redondela, agrupa os seguintes concellos:

Redondela, Fornelos, Pazos de Borbén, Soutomaior.

X3608-Tui, agrupa os seguintes concellos:

Tui, A Guarda, O Rosal, Oia, Salceda de Caselas, Tomiño.

X3609-Vigo, agrupa os seguintes concellos:

Vigo, Baiona, Cangas, Gondomar, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño.

X3610-Vilagarcía de Arousa, agrupa os seguintes concellos:

Vilagarcía de Arousa, Cambados, Catoira, Meis, Ribadumia, Vilanova de Arousa.