Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.792

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de xaneiro de 2001 pola que se modifica a composición dos tribunais que deberán cualifica-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E).

Presentada renuncia por Mª del Mar Paz Santamaría, nomeada secretaria suplente do tribunal E3, encargado de cualifica-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo subalterno da Xunta de Galicia pola Orde do 15 de xaneiro de 2001 (DOG nº 17, do 24 de xaneiro), esta consellería, de conformidade co establecido na base III.4 da orde de convocatoria do referido proceso selectivo,

DISPÓN:

Acepta-la renuncia de Mª del Mar Paz Santamaría, secretaria suplente do tribunal E3.

Así mesmo, esta consellería dispón o nomeamento de Margarita Barcena Pardo, funcionaria da Xunta de Galicia, como secretaria suplente do tribunal E3.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública