Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.759

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2000, da Delegacion Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Viza Automoción, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Viza Automoción, S.A., con nº de código 3601182, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-12-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 14-12-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º y 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios de Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económicas e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de decembro de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Reunidos no Porriño os representantes sindicais de UGT, CC.OO. e a representación da empresa Viza Automoción, S.A., asinan o presente convenio colectivo para os anos 2000 y 2001 o día 14 de decembro de 2000.

Pola empresa:

Agustín Pérez Marcos.

Por UGT:

Emilio González Valcárcel.

Carlos Barros López.

Jorge Álvarez Castro.

Francisco Brea Sueiro.

Guillermo González Pérez.

Por CC.OO.:

Eugenio Puga Pujales.

José Manuel Abalde Mallo.

Manuel Costas Benavides.

Convenio colectivo de Viza Automoción, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio concertado entre os representantes da dirección e os membros do comité da empresa Viza Automoción, S.A., afecta o ámbito territorial da propia empresa no seu centro de traballo actual e a calquera outro que puidese establecerse no futuro na provincia de Pontevedra.

Por tanto, o convenio, afectará a tódolos traballadores comprendidos no ámbito de aplicación da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica, sen máis excepcións có persoal de alta dirección, que queda excluído del, e por extensión a calquera lugar onde o persoal realice servicios por conta da empresa.

Artigo 2º.-Vixencia, duración e denuncia.

O convenio entrará en vigor a partir da data da súa sinatura sen prexuízo do cal as condicións económicas se aplicarán a partir do 1 de xaneiro de 2000.

Terá unha vixencia de dous anos, expirando o día 31 de decembro de 2001, prorrogándose tacitamente de tres en tres meses, se ningunha das partes o denunciara cunha antelación mínima dun mes á data de expiración.

Artigo 3º.-Condicións e compensacións de melloras.

As condicións contidas neste convenio establécense co carácter de minimas.

Tódalas melloras que se implanten por normas legais ou outras serán compensables e absorbibles ata onde alcancen, cos aumentos e melloras existentes ou que poidan establecerse no futuro, sempre que no cómputo anual a suma das condicións do convenio sexan máis beneficiosas.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Para entender de cantas cuestións lle sexan atribuídas, desígnase unha comisión paritaria das partes negociadoras deste convenio, que estará integrada por seis membros, tres deles pola empresa, dous representantes de UGT e un de CC.OO.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será a mesma en horas de traballo efectivo e en cómputo anual, para tódolos traballadores da empresa.

O número total de horas efectivas de traballo anual queda en 1.760 para o ano 2000, e 1.756 para o ano 2001.

Para efectos de evitar confluencias de horarios, acórdase fixar quendas de 8 horas, en lugar das actuais 8 horas e 10 minutos. Tal axuste farase de forma que iso non supoña perda de días de descanso nas festas de Nadal, nin traballo en sábados, domingos e festivos, todo iso con respecto ó calendario de Citroën.

O tempo de traballo computarase de modo que tanto ó comenzó como ó final da xornada diaria, o traballador se atope no posto de traballo.

A xornada actual absorberá e compensará calquera outra reducción de xornada que por calquera motivo se establezcan no sucesivo, calquera que sexa o rango da disposición aplicable.

A fixación do horario de traballo e do calendario laboral será facultad da dirección, a cal establecerá con intervención do comité de empresa, o cadro horario e calendario laboral para todo o ano, que figuran nos anexos do presente convenio. No suposto de non existir acordo, o criterio que necesariamente ha de prevalecer será o de amoldarse ás necesidades da empresa de cara a servi-los clientes.

A dirección da empresa, se as necesidades de traballo así o esixisen, poderá establecer quendas de traballo rotativos, con carácter semanal.

Para iso, notificaráselle ó comité de empresa e ó persoal que se vise afectado cunha antelación de 7 días á data en que se vaia producir este cambio de horario. Excepcionalmente e caso dunha urxencia demostrada, este aviso previo poderá ser suficiente efectualo con 48 horas de anticipación.

As prioridades para a designación do persoal afectado polas quendas será como segue:

1. O persoal que voluntariamente se prestase a establece-la quenda.

2. Os demais traballadores.

O persoal que realice traballos de producción podrá estar adscrito a calquera dos horarios de mañá, tarde ou noite recollidos no anexo deste convenio; e o resto do persoal, a calquera dos horarios de maná, tarde, noite ou partido, do dito anexo.

Quenda de noite:

A empresa comunicaralles ós representantes dos traballadores, mediante escrito razoado e cunha antelación mínima de sete días naturais, as causas que leven ó establecemento dunha quenda de noite.

O persoal asignado á dita quenda de noite, será avisado con alomenos tres días hábiles de antelación.

Para os efectos previstos no segundo parágrafo do artigo 36.3º do Estatuto dos traballadores, ningún traballador estará na quenda de noite máis dunha semana consecutiva, salvo adscrición voluntaria.

As prioridades para a designación do persoal da quenda de noite, serán como segue:

1. Persoal que voluntariamente se prestase a establece-la dita quenda.

2. Persoal que no seu contrato individual de traballo, considere a prestación de servicios en quenda de noite.

3. Os demais traballadores.

Artigo 6º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días naturais para todo o persoal e desfrutarase na forma fixada no calendario laboral que se xunta ó convenio.

Dentro dos tres días anteriores ó comezo do desfrute das vacacións de verán, o persoal percibirá un anticipo de 125.000 pesetas, ou a parte proporcional que corresponda de acordo coas vacacións xeradas, e que serán descontadas na nómina correspondente ó dito período de vacacións. En caso de existiren cantidades pendentes de desconto en concepto de empréstitos, anticipos, etc., estas serán deducidas do importe que haxa que ingresar en concepto de anticipo de vacacións.

Se despois de confeccionado o calendario laboral, por necesidades de servi-los nosos clientes ou polas necesidades derivadas da modificación de instalacións, reparación ou mantemento de maquinaria, ou desenvolvemento implantación de proxectos, se fixese necesaria a modificación do desfrute das vacacións, as datas amoldaríanse ás ditas necesidades establecendo quendas para o seu desfrute. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan, alomenos dous meses antes do comezo do desfrute.

As vacacións cobraranse en función dos seguintes conceptos: salario convenio, antigüidade, complemento de asistencia e puntualidade, complemento de transporte, complemento de nocturnidade, así como o complemento de actividade ou prima de posto que se aboará por media do percibido entre os meses de xaneiro e xuño, ambos inclusive.

O traballador que se encontrase en situación de baixa por accidente de traballo no comezo do período de vacacións, terá dereito a desfrutar en data posterior igual número de días naturais que aqueles en que coincidise a súa baixa con días de vacacións. Este dereito expirará ó final de cada ano natural.

Artigo 7º.-Licencias.

As licencias retribuídas a que se refire o art. 60 da vixente ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica desfrutaranse e aboaranse de acordo co que se sinala no presente artigo.

A empresa concederá licencia retribuída con aboamento do salario convenio, antigüidade e complemento de asistencia e puntualidade, nos seguintes supostos, sempre que sexan xustificadas.

Nos casos de falecemento da esposa, fillos ou pais, aboarase ademais a media da prima de producción ou de posto, da quincena en que se producise o feito.

Terá que facerse uso destas licencias no momento de producirse o feito causante, excepto a concernente ó nacemento de fillo, a desfrute da cal será a convir nun prado de 10 días desde o parto.

a) Por matrimonio, quince días naturais.

b) Por nacemento de fillos, tres días laborables.

c) Por falecemento de esposa, fillos ou pais, catro días naturais. En caso de que tódolos días coincidan con festivos e/ou non hábiles, para os efectos da

realización dos trámites administrativos necesarios, o permiso prolongarase durante o día hábil seguinte.

d) Por enfermidade grave de cónxuxe ou fillos, tres días naturais.

Para as licencias recollidas neste punto e en caso de continua-la enfermidade ou hospitalización do cónxuxe, fillos ou pais (de estar a cargo do traballador neste último caso), concederanse, se así o desexa o traballador, tres días máis de licencia nos que se aboará o 50% do salario convenio.

e) Por enfermidade grave de pais, irmáns, netos ou avós, dous días naturais.

f) Por falecemento de tíos ou sobrinos, un día natural.

g) Por falecemento de irmáns, netos ou avós, tres días naturais.

h) Por matrimonio de irmáns, pais ou fillos, un día natural.

i) Por traslado do domicilio habitual, un día natural.

j) Polo tempo necesario nos casos de asistencia á consulta médica de especialistas da Seguridade Social, cando coincidindo o horario do especialista co de traballo prescribise a dita consulta o facultativo de medicina xeral, debendo presentar previamente o traballador na empresa o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 20 horas ano.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un periodo determinado, haberase que ater ó que dispoña esta en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

l) En caso extraordinario, debidamente acreditado, concederase licencia sen percibo de haberes, ata un límite de 16 horas ano. Será necesario para a obtención destas licencias solicitalas, sempre que iso sexa posible, con alomenos 72 horas de anticipación.

m) As traballadoras que fugan uso do dereito, por lactación dun fillo menor de nove meses, regulado no art. 37.4º do ET; terán dereito a un tempo dunha hora e quince minutos sempre e cando se opte pola modalidade de ausentarse do traballo.

En calquera dos dous casos detallados a continuación, o tempo concedido será o que figure no Estatuto dos traballadores:

-Se é o pai quen fai uso deste dereito.

-Se é a nai quen fai uso deste dereito optando pola modalidade de reducción de xornada.

n) Por adopción legal, para os trámites necesarios e debidamente xustificados, dous días laborables.

Nas letras c), d), e), f) e g) enténdense incluídos tamén os parentes políticos.

Reconéceselle-lo dereito ó desfrute dos días de licencia que establece o convenio e nas condicións que este marca, ós membros de parellas de feito fidedignamente acreditadas.

Artigo 8º.-Tempos.

Os tempos determinaranse polos procedementos de cronometraxe e valoración empregados polos servicios técnicos da empresa, e podarán ser: estimados, provisionais e definitivos.

Ó poñerse en marcha unha nova operación ou unha modificación de posto e ata que sexa posible realiza-la cronometraxe, aplicaranse tempos estimados, que serán obtidos por estudios dos servicios técnicos.

Consideraranse tempos provisionais os obtidos na primeira cronometraxe dun traballo novo ou modificado, que se producirá inmediatamente que os servicios técnicos consideren dunha garantía mínima a estabilización do método e a práctica do operador.

Consideraranse tempos definitivos os asignados a cada traballador na segunda cronometraxe que se realizará en canto as condicións mecánicas e operatorias se encontren totalmente estabilizadas, non debendo normalmente producirse despois de seis meses da primeira cronometraxe, para os postos individuais, nin doce meses para as cadeas e traballos colectivos.

O operario asinará a folla de descrición do método operativo empregado no traballo cronometrado; neste proceso non poderá realizar un KB inferior ó KB 75%, de acordo co establecido no artigo 11º.

O tempo asignado a cada operario será anotado no posto de traballo.

Artigo 9º.-Revisión de tempos.

Os tempos definitivos non poderán ser modificados excepto nos seguintes casos:

a) Por modificación dos medios: máquinas, equipos, ferramentas, etc.

b) Por mellora do proceso operativo, calquera que sexa a orixe da mellora.

c) Por variación das frecuencias dos traballos ou fases irregulares que consten na folla de análise de posto.

d) Por erros de cálculo comprobables nas gammas e follas de análise.

Artigo 10º.-Aplicación de tempos.

A empresa adoptará o sistema de prima individual en tódolos casos en que sexa tecnicamente posible e mentres a organización do traballo non aconselle o contrario.

Cando un operario deba pasar dun posto productivo a outro non parecido, ou ben cando se produza unha modificación substancial no método ou no tempo, ó pasar este de provisional a definitivo, facilitaráselle o que no novo posto ou as novas circunstancias consiga o seu KB habitual mediante as compensacións de aprendizaxe.

Se o operario traballa a prima individual, a compensación de aprendizaxe consistirá en aboarlle o KB medio obtido na última quincena no posto anterior. Esta compensación durará como máximo o tempo necesario para a realización de 2.000 pezas, ó tempo que a dita peza teña asignado, e deixará de facerse se o operario non mellora diariamente o seu KB. No suposto de que no cálculo do tempo necesario para a realización das 2.000 pezas referidas, resultase fracción de días, efectuarase redondeo ó número de días inmediato superior.

De simultanea-lo seu traballo habitual nun posto productivo con outro non parecido, anotará o tempo investido e producción obtida en cada posto.

A producción efectivamente realizada ten que anotarse ó final de cada día.

Todo traballador podará coñecer, se o solicita, a gamma, o método operativo o tempo cronometrado individual ou de grupo que se empregue para calcula-la súa prima.

Artigo 11º.-Rendementos.

Establécese que o rendemento mínimo será o chamado KB 75%, equivalente á producción de 45 minutos hora, para efectos do disposto no Decreto do 17 de agosto de 1973, de ordenación do salario, e Orde do 22 de novembro, así como para efectos do artigo 54 do Estatuto dos traballadores letra e) e ó artigo 11 da ordenanza laboral siderometalúrxica referidos á ineptitude do traballador.

Establécese como rendemento normal ou habitual do traballador para efectos do preceptuado na letra e) do artigo 54 do Estatuto dos traballadores, o que el mesmo viñese obtendo en precedentes períodos de tempo, podendo considerarse como período para determina-lo dito rendemento normal, o que viñese obtendo de modo habitual e ordinario durante os seis meses inmediatamente anteriores, maila o cal, nos postos individuais, só será sancionable unha diminución por debaixo dun 15% do rendemento así considerado como normal cando este se produza durante un período de tempo superior a un mes.

Para os postos colectivos, cadeas, grupos funcionais, etc., este período de tempo redúcese a 15 días.

Para ámbolos dous casos partirase dun KB máximo de 100% e sen que se poida baixar en ningún caso do KB 75%, que se establece como mínimo no primeiro parágrafo deste artigo.

No tocante a traballadores que ocupen postos non cronometrados e unicamente cando se trate dun caso illado, será necesario para considerar continuidade suficiente no baixo rendemento que este se producise no período dun mes despois de ter sido apercibido.

Artigo 12º.-Calidade.

Tódolos rendementos anteriormente citados están condicionados a que os traballos estean realizados dentro das condicións das pezas modelo ou dos útiles de verificación.

Artigo 13º.-Tempo de espera e tempo de paro.

Terán a consideración de tempo de espera, aqueles que, por causas imputables á empresa e alleas á vontade do traballador, este ten que permanecer inactivo, ben por falta de elementos ó seu alcance, escaso ritmo da operación precedente, falta de ferramentas ou útiles de medición, espera de decisión de se o traballo pode ou non continuar por se presentar algunha dificultade no transcurso da súa execución, etc.

Nestes casos, o traballador afectado percibirá o seu salario incrementado coa medida da prima obtida no mes.

Conceptuarase como tempo de paro o que sufra o traballador por causas non imputables á empresa, ben por falta de materiais de traballo, fluído eléctrico, etc.

Nestes casos o traballador percibirá a retribución que lle corresponda pola súa categoría.

Artigo 14º.-Retribución do persoal.

Componse de salario convenio, antigüidade, complemento de asistencia e puntualidade, complemento de transporte, complemento de actividade (nos casos establecidos), prima de posto (nos casos establecidos) e complemento de nocturnidade nos casos que corresponda e segundo os criterios establecidos nas disposicións vixentes.

O salario convenio, a antigüidade, e o complemento de asistencia e puntualidade retribuiranse en prezo/día, mesmo domingos e festivos.

Artigo 15º.-Salario convenio.

O salario día, que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o que figura no anexo salario convenio, deste convenio.

O salario mes, que con carácter de mínimo corresponde a cada categoría, é o reflectido no anexo salario convenio, deste convenio.

Artigo 16º.-Antigüidade.

Devengarase por trienios vencidos, e aboarase en base ás seguintes contías por trienio:

Persoal horario: 111,96 pesetas/día por trienio.

Persoal mensual: 3.425 pesetas/mes por trienio.

As cantidades antes mencionadas experimentarán en 2001, o incremento salarial pactado para ese ano e recollido no artigo 27º deste convenio.

Estes importes percibiranse a partir do 1 do mes en que se cumpran os trienios de antigüidade, coas excepcións do persoal comprendido no artigo 76.a da ordenanza laboral siderometalúrxica e do persoal a que se refire o artigo 30 d) 2 do presente convenio.

Manteranse os topes máximos de antigüidade existentes no Estatuto dos traballadores, con anterioridade á entrada en vigor da reforma laboral, para o persoal que corresponda.

Artigo 17º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

Establécese o devengo deste complemento como prima de asiduidade nas contías que se fixan no anexo I deste convenio.

O dereito á percepción deste complemento perderase total ou parcialmente polas causas seguintes:

a) O complemento correspondente a 4 horas por falta de puntualidade, entendéndose como tal o atraso de ata media hora.

b) O complemento correspondente a 8 horas, por máis de media hora, sen chegar ó día completo.

c) O correspondente a 24 horas, por falta de asistencia.

d) A saída do traballo antes da hora sinalada, unha vez consumidas as 20 horas anuais de licencia estipulada no artigo 7 j) deste convenio, considerarase como falta de puntualidade para tódolos efectos.

A partir do 1 de xaneiro do ano 2001 o complemento de asistencia e puntualidade desaparecerá como tal concepto, incorporándose o seu importe ó salario de convenio.

Artigo 18º.-Complemento de transporte.

Satisfaráselle ó persoal de cada unha das categorías que preste os seus servicios, tanto en horarios de xornada continuada como persoal de estructura, por cada día de asistencia ó traballo, a razón de 341,47 pesetas/día durante o ano 2000.

O persoal que traballe en horario de xornada partida, excepto o persoal estructura regulado no parágrafo anterior, percibirá o dito complemento de transporte por cada día de asistencia ó traballo, a razón de 682,94 pesetas/día.

As cantidades antes mencionadas experimentarán, no ano 2001, o incremento salarial pactado para ese ano e considerado no artigo 27º deste convenio.

Artigo 19º.-Complemento de actividade.

Pagarase unha prima de producción, segundo KB medio alcanzado mensualmente. A nova escala de KB está composta por 25 tramos: do KB 75%, ou mínimo esixible, ó KB 100% máximo. Esta escala figura no anexo complemento de actividade.

Artigo 20º.-Complemento de nocturnidade.

Establécese un complemento de nocturnidade para o persoal que preste os seus servicios en horario de noite, na seguinte contía: 159,57 pesetas/hora para o ano 2000. A cantidade antes mencionada experimentará no ano 2001 o incremento salarial pactado para ese ano e recollido no artigo 27º deste convenio.

Non devengará dereito á percepción deste complemento, o persoal adscrito ós horarios de mañá, tarde ou partido. Devengará dereito á percepción do complemento de nocturnidade, no número de horas que lle corresponda, o persoal que mesmo estando adscrito ás quendas de mañá, tarde ou partida, realice prestación de traballo alomenos durante

trinta minutos entre as 22 e as 6 horas (exemplo: o persoal de pintura da quenda de tarde que sae ás 23). Sen embargo, establécese expresamente, que tal e como indica o Estatuto dos traballadores, non devengarán nocturnidade aqueles servicios que pola súa natureza sexan nocturnos.

Artigo 21º.-Primas de posto.

a) Persoal obreiro de oficio. Establécense as primas de posto, mínimas para todo o ano, en prezos por día laborable, que figuran no anexo primas de posto deste convenio.

b) Peóns ou especialistas non afectos a postos de traballo cronometrados. Establécense os importes, segundo escala, reflectidos no anexo primas de posto.

Os traballadores das categorías desta letra b, ó causaren alta na empresa, se ocupasen postes productivos que estean sen cronometrar, serán pagados coa prima de posto da escala A; poderán estar nesta situación durante un período máximo de ata tres meses.

De continuaren na mesma situación despois de transcorreren os tres meses que se indican no parágrafo anterior, ata que se lles cronometre o seu posto (momento en que pasarían a cobrar prima de producción en función ó KB realizado), cobrarán durante os 6 meses seguintes, a prima de posto correspondente á escala B; a continuación, durante outros seis meses, a prima correspondente á escala C, e en diante, de seguir en postos sen cronometrar, a prima correspondente á escala D.

No caso de que este persoal a que nos estamos refirindo, peóns ou especialistas, fosen contratados para as seccións de taller de útiles, mantemento, calidade, ou para calquera outro traballo non ligado directamente á producción de pezas, a asignación da prima de posto será facultado da dirección da empresa.

Tanto os peóns, especialistas, como as demais categorías laborables, cando ocupen postos productivos cronometrados, percibirán o complemento de actividade en función ó KB realizado, sen ter en ningún caso o dereito a percibi-las primas de posto que se estipulan neste artigo 19º, a excepción da prima que se designa para o persoal que efectúe traballos de soldadura.

Durante a vixencia deste convenio, os peóns ou especialistas con alomenos tres anos de antigüidade na empresa, que sexan pasados dun posto de producción cronometrado a outro posto de producción que non o estea (ex. conductores de carreta, repartidores, etc.), percibirán unha prima de posto similar na súa contía ó KB medio persoalmente realizado nos seis últimos meses.

c) Persoal de pagamento mensual. Establécense as primas para as categorías e escalas, que se indican no anexo de primas de posto do convenio.

Ó persoal de pagamento mensual, as faltas de puntualidade descontaránselle deducindo do importe asignado o seu 14/nº horas de xornada anual pactada, por cada hora de falta ó traballo.

d) As primas de posto das categorías que se detallan a continuación terán o carácter de non consolidable, en tódolos casos, considerando 14 mensualidades/ano e cun importe que vén detallado en prezo día laborable no anexo de primas de posto. Os importes mensuais para o ano 2000 destas categorías quedan da forma que figura a continuación:

*Conductores de carreta: 35.000 pesetas/mes.

*Repartidores: 24.000 pesetas/mes.

*Persoal de limpeza: 12.827 pesetas/mes.

*Auxiliares administrativos na escala A: 16.033 pesetas/mes.

Malia viren expresados en valores mensuais, o seu devengo será proporcional ó período do mes realmente afecto a estes postos.

Entenderanse a característica de non consolidable, como aquela que a fai devengable única e exclusivamente durante o desempeño do posto de traballo para o que foron pactadas. Estas primas de posto serán actualizables cos incrementos que experimenten este e posteriores convenios colectivos.

Tódolos importes asignados de acordo con este artigo, reconsideraríanse se a producción media da empresa baixase por debaixo do KB 85% sempre que a dita baixa de producción afectara a marcha de traballo dentro do taller de útiles, taller de mantemento ou oficinas técnica ou administrativa.

Individualmente, poderá modificarse a prima asignada a cada traballador, caso dunha manifesta diminución da súa productividade, logo de apercibimento ó interesado e aviso ó comité de empresa.

O persoal das categorías da letra c) deste artigo, cando sexa de nova contratación, non empezará a devengar esta prima de posto ata despois de seis meses da alta na empresa, tendo dereito a partir desa data a un 50% dela durante outro período de seis meses, finalizado o cal terá dereito á súa totalidade, sempre referido á escala A e nas condicións que se regulan neste artigo.

Deixará de percibirse esta prima de posto, no caso de que o persoal que a ten asignada pase a ocupar postos de traballo cronometrados, xa que neste caso pasará a percibi-lo complemento de actividade de acordo co establecido no artigo 19º deste convenio.

A prima de posto de soldadura CO2, corresponde ó persoal obreiro que realiza estes traballos de soldadura CO2 dos que o seu devengo estará en función das horas ou fracción de presencia. Os importes da dita prima figuran no anexo deste convenio.

Artigo 22º.-Revisión e creación de categorías.

Durante a vixencia do presente convenio a dirección procederá a inicar estudios e valoracións internas dos postos de traballo de mantemento, taller mecánico, soldadura CO2, recuperación e técnicos e administrativos; e proceder, se así se deriva das conclusións das ditas valoracións, á revisión de determinadas categorías.

Xefes de equipo:

A categoría de xefe de equipo regularase, de acordo coas seguintes consideracións:

* Esta categoría considerarase encadrada dentro do mesmo grupo profesional que os especialistas, polo que, en caso de necesidade, a mobilidade funcional dentro do grupo é total. Neste caso respectaríase o salario convenio, pero a prima de posto, ó non ser consolidable, deixaría de percibila e pasaría a cobrar prima de producción, ou calquera outro concepto relativo ó posto de traballo que pasase a desempeñar.

* A retribución, para o ano 2000 será de 133.616 pesetas/mes de salario convenio, e 64.135 pesetas/mes de prima de posto. Percibirase única e exclusivamente durante o tempo no que desempeñe as funcións da súa categoría de xefe de equipo, e será actualizable na súa contía, cas incrementos pactados neste e sucesivos convenios.

Artigo 23º.-Traballos tóxicos, penosos e perigosos-ruídos.

Seguiranse os criterios da ordenanza de traballo para a industria siderometalúrxica vixente, en canto á determinación dos postos de traballo que tañen dereito á bonificación por penosidade, toxicidade ou perigosidade.

Fíxanse as seguintes contías por hora de traballo efectivo, para o persoal que ocupe postos de traballo declarados tóxicos, penosos e/ou perigosos:

a) Persoal afectado por un destes supostos, 29,62 pesetas/hora para o ano 2000.

b) Persoal afectado por dous ou máis destes supostos, 45,05 pesetas/hora para o ano 2000.

c) Persoal que realice traballos de pintura de proceso manual, nun ou máis supostos, 94,83 pesetas/hora para o ano 2000.

As cantidades antes mencionadas experimentarán, no ano 2001, o incremento salarial pactado para este ano e recollido no artigo 27º deste convenio.

Ruídos:

Aboarase o complemento correspondente a traballos tóxicos penosos e/ou perigosos, a razón de 29,62 pesetas por hora de traballo efectivamente realizada, naqueles postos de traballo nos que se alcancen niveis de ruído equivalente diario superiores a 90 dB(A), e en concepto da perigosidade ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos ditos postos.

O persoal que traballe en postos cun nivel de ruído equivalente diario que estea comprendido entre os 80 e os 90 dB(A), percibirá durante os anos de vixencia do convenio, a cantidade de 1.041 pesetas ó ano, en concepto da perigosidade e/ou penosidade que puidese vir derivada do desempeño do traballo nos ditos postos.

Á vista das novas medicións da sección de prensas, que exceden os niveis de 90 dB, aboaranse neste

caso e en medicións futuras consonte os criterios establecidos nos parágrafos anteriores deste artigo.

As medicións realizaranse periodicamente, en tódalas seccións da planta, polos servicios técnicos, internos ou externos, que a empresa tena en cada momento, coa colaboración e participación do Comité de Seguridade e Saúde Laboral, nos termos que establece a Lei e o Regulamento de prevención de riscos laborais.

Artigo 24º.-Gratificacións estraordinarias.

As pagas extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas a razón de 30 días sobre salario convenio, antigüidade, complemento de asistencia e puntualidade, por partes proporcionais ó tempo efectivamente traballado.

Ademais, satisfarase a media do complemento de nocturnidade e complemento de actividade ou prima de posto, de acordo coas fórmulas seguintes:

Paga de verán: media dos importes percibidos en concepto de complemento de actividade, prima de posto e complemento de nocturnidade, durante o tempo comprendido entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño.

Paga de Nadal: media dos importes percibidos en concepto de complemento de actividade, prima de posto e complemento de nocturnidade, durante o tempo comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de novembro.

As pagas extraordinarias de verán e Nadal serán aboadas os días 17 de xullo e 20 de decembro respectivamente. En caso de coincidiren as ditas datas en domingo ou festivo, os pagamentos satisfaranse o día anterior.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

A retribución das horas extraordinarias será a que figura segundo categorías, escalas, e KB realizado, nos anexos horas extraordinarias.

Se as circunstancias técnicas ou productivas así o esixisen, a empresa podará establece-la realización dun máximo de 80 horas extraordinarias estructurais por traballador e ano.

Naqueles casos considerados de forza maior ou para previr ou reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, considerarase obrigatoria a realización de horas extraordinarias. A posible realización de horas extraordinarias será voluntaria e terá carácter xeral.

Artigo 26º.-Pagamento de nóminas.

a) Aboamento dos haberes devengados, efectuarase por períodos mensuais naturais vencidos, e o pagamento satisfarase a través dunha entidade bancaria ou caixa de aforros, mediante aboamento na conta do traballador, o día 30 de cada mes, dun anticipo a conta de 100.000 pesetas; procedendo o día 15 do mes seguinte á liquidación definitiva dos haberes devengados no mes anterior.

En caso de coincidiren os ditos días en sábado, domingo ou festivo, os pagamentos citados satisfaranse o día laborable anterior ás ditas datas.

b) Acórdase converte-los importes de pesetas/hora, pesetas/minuto, a importes día ou mes, co obxecto de facilita-los cálculos da nómina cando os importes deban expresarse en euros.

c) Durante o ano 2001, tódalas táboas salariais actuais se detallarán tanto en pesetas como en euros, de tal maneira que se garanta a retribución anual.

Artigo 27º.-Revisión salarial.

a) Incremento salarial. Acórdase un incremento salarial para cada un dos dous anos de vixencia do convenio, dun+1% sobre o IPC previsto oficialmente para cada ano.

As táboas salariais que se van aplicar a partir do comezo de cada un dos anos de vixencia do convenio serán as definitivas do ano anterior (unha vez aplicada a cláusula de revisión salarial se así procedese) incrementadas na porcentaxe de previsión oficial de incremento do IPC para ese ano, máis o 1%.

b) Cláusula de revisión salarial. En caso de que o IPC definitivo rexistrara ó final de cada un dos anos de vixencia do convenio, unha evolución superior ó IPC previsto oficialmente, efectuarase unha revisión salarial con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro do ano de que se trate, da diferencia entre ámbolos IPC.

Artigo 28º.-Seguridade e hixiene.

A empresa dotará o persoal das adecuadas pezas de roupa de traballo.

O persoal obreiro recibirá unha toalla, unha funda, bata ou conxunto de chaqueta e pantalón, segundo necesite para o desenvolvemento do seu labor e, como mínimo cada seis meses; e un par de botas cada ano.

A dirección contratará un recoñecemento médico anual, como mínimo, para todo o persoal. O tempo empregado nel considerarase como de traballo efectivo.

Na xornada na que se realice o recoñecemento médico, o persoal non acudirá ó traballo.

Á hora de confecciona-lo calendario anual, trasladaranse a outra xornada distinta daquela en que se efectúa o recoñecemento médico as horas non empregadas na realización del. Neste caso, e en tanto non varíen as actuais circunstancias organizativas (desprazamentos, tempos de espera, distancias ó centro médico, etc.), estimarase que o tempo necesario para a realización do recoñecemento é de tres horas.

Se se modificase a organización habería que modifica-lo o tempo estimado para a súa realización, ampliándoo ou reducióndoo para acomodalo ás novas circunstancias.

O persoal comprométese á limpeza semanal do seu posto de traballo, como achega á maior hixiene posible dentro do centro de traballo. Para tal fin, a empresa habilitará o tempo necesario para a realización da limpeza do posto, e o dito tempo será considerado como tempo efectivo de traballo.

Artigo 29º.-Previsión e política social.

a) Nos casos de baixa por accidente, a empresa pagará o salario convenio, antigüidade, complemento de asistencia e puntualidade, e prima de posto e complemento de nocturnidade como se o persoal afectado estivese traballando en fábrica. En canto á prima de producción, percibirá a media do KB realizada nos últimos seis meses de traballo efectivo.

Respecto as baixas de enfermidade durante o proceso das cales se produza intervención cirúrxica ou hospitalización, procederase de igual forma ó establecido no parágrafo anterior.

b) A dirección, na primera baixa do ano por enfermidade, completará as prestacións da Seguridade Social, durante un período comprendido entre o cuarto día a partir da baixa e ata o vixésimo día, inclusive, ata o 75% da base reguladora.

Embarazo: se durante o período de xestación, o facultativo expide baixa médica relacionada coa dita xestación, a empresa aboaralle á traballadora o 100% da base de cotización do mes anterior durante os tres primeros días da dita baixa médica, mesmo non sendo a primera baixa do ano. A baixa por este motivo non computará como tal para os efectos de considera-la primeira baixa do ano (a primeira baixa posterior a unha deste tipo, sería considerada a primeira baixa do ano).

c) A dirección achegará en concepto de axuda escolar anual, durante o ano 2000, para cada un dos fillos dos traballadores, as seguintes asignacións:

A partir dos 3 anos de idade, para educación primaria e para os dous primeiros anos de educación secundaria: 11.343 pesetas.

Para estudiantes de terceiro e cuarto de educación secundaria, bacharelato e formación profesional: 21.141 pesetas.

Para a realización de estudios superiores: 40.737 pesetas.

Estas exudas faranse efectivas coas nóminas do mes de agosto ou setembro, logo da entrega dos xustificantes. Nos casos nos que a matrícula se formalice con posterioridade a estes meses -por exemplo, algúns casos de ensino universitario-, a axuda farase efectiva na nómina do mes no que se formalice a dita matrícula.

d) Seguro de vida colectivo: as condicións deste seguro figuran no duplicado da póliza que consta en poder do comité de empresa, tendo cada un dos asegurados un certificado del.

Mantense nas contías actuais: incapacidade permanente absoluta o falecemento por calquera causa, 1.500.000 pesetas; accidente laboral 3.000.000 de pesetas; accidente de tráfico 4.500.000 pesetas.

A empresa quedará eximida de toda responsabilidade derivada do non cumprimento da obriga de concerta-la póliza de seguro establecida no presente convenio; en casos de traballadores ós que, polas súas condicións físicas, a compañía de seguros rexeite a súa inclusión na póliza contratada.

e) A dirección concédelles ós traballadores as exudas económicas seguintes:

Por contraeren matrimonio: 35.707 pesetas.

Por nacemento de fillo: 16.243 pesetas.

Por non se ter podido acceder a dota-lo noso persoal dun economato laboral propio da empresa, cada un dos traballadores percibirá nas pagas extraordinarias de verán e Nadal, a cantidade de 10.571 pesetas en cada unha delas.

f) A dirección disporá dun importe total de ata 6.500.000 de pesetas para empréstitos ó persoal, co fin de lles poderen facer fronte a gastos extraordinarios, os cales han de ser debidamente xustificados, tendo preferencia o destinado á adquisición de vivenda, nas condicións seguintes:

-Cantidade máxima de empréstito por empregado: 800.000 pesetas.

-Prazo máximo de amortización: 48 meses.

-O empréstito refírese unicamente ó persoal indefinido.

Por seren libres de xuro, o beneficiario farase cargo do gasto fiscal que implique por aplicación da Lei 18/1991, de 8.6 do IRPF sobre retribucións en especie.

A dirección informará o comité de empresa periodicamente empréstitos solicitados, os concedidos e os fondos dispoñibles.

Os importes das axudas escolares, matrimonio e nacemento de fillos antes mencionadas, experimentarán no ano 2001, o incremento salarial pactado para ese ano e recollido no artigo 27º deste convenio.

Artigo 30º.-Contratación.

a) Contrato de obra.

Co fin de potencia-la utilización das modalidades de contratación previstas pola lei, acórdase crear un contrato de obra ou servicio determinado, segundo o previsto no artigo 15.1º letra a) do Estatuto dos traballadores, modificado en virtude da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Estes contratos poderán cubrir todas aquelas tarefas ou traballos suficientemente diferenciados polo volume adicional de traballo que representan, que limitados no tempo e a duración da cal sexa certa ou poida preverse, estean directa ou colateralmente relacionados co proceso productivo da empresa. A presente inclusión neste convenio non poderá entenderse en ningún caso como unha limitación á modalidade contractual prevista no referido artigo 15.1º a) do Estatuto dos traballadores.

b) Contrato por circustancias da producción, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

A duración dos ditos contratos, regulados no vixente artigo 15.1º b do Estatuto dos traballadores, poderán ter unha duración máxima de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses, contados desde o momento en que se produzan as ditas causas, tal e como establece o convenio colectivo para as empresas do metal da provincia de Pontevedra.

c) Empresas de traballo temporal.

O persoal pertencente ás empresas de traballo temporal estarán acollidas ó convenio da empresa usuaria, nos termos establecidos na nova Lei 29/1999.

1. Porcentaxe máxima de persoal de ETT. A porcentaxe máxima de persoal de ETT, poderá ser en cada momento, de ata un 15% de todo o persoal que traballe en Viza (incluíndo o propio persoal de ETT). Non obstante, en períodos de punta de producción ou incorporación masiva deste tipo de persoal, poderase superar esta porcentaxe por un período máximo de ata dous meses.

d) Pacto polo emprego.

As partes asinantes do presente convenio colectivo, conscientes da importancia e trascendencia social dun emprego estable e de calidade, e no ánimo de contribuír a iso da forma máis efectiva posible, acordan:

1. Conversión de contratos eventuais de Viza en contratos indefinidos. Durante a vixencia do presente convenio colectivo, procederase á conversión de 60 contratos temporais de Viza en indefinidos. A distribución farase preferentemente a razón de 30 en cada un dos anos de vixencia do convenio e de 15 ó semestre, sempre dentro do límite de 60 durante a vixencia do convenio.

2. O persoal que se incorpore a Viza, ou ben acceda a contrato indefinido a partir do 1 de xaneiro de 1998, non devengará dereito á percepción de complemento de antigüidade.

Disposicións adicionais

Primeira.-O comité de empresa asinante do presente convenio desiste expresamente durante a súa vixencia, do exercicio do dereito de folga nos conflictos derivados da aplicación de calquera das materias contidas nel.

No suposto de discrepancias sobre a aplicación do convenio, procederase da seguinte forma:

1. A comisión paritaria coñecerá o conflicto e emitirá informe.

2. En caso de persisti-las discrepancias, o conflicto someterase a un procedemento de mediación para intenta-la consecución dun acordo entre partes. A elección do mediador realizarase previo acordo das partes.

3. De resultar infructuosa a mediación e non haber acordo, quedará a criterio das partes o acudir a un

sistema de arbitraxe ou ben acudir ó ámbito xudicial competente.

A presente disposición adicional considerarase, para tódolos efectos, como cláusula de carácter obrigacional.

Segunda.-A parte social desistirá de tódalas accións xudiciais ou administrativas en materia de penosidade ou perigosidade por ruídos, pendentes de resolución e iniciadas con anterioridade á sinatura do presente acordo.

Terceira.-Establécese que en cada un dos anos de duración do presente convenio, o traballador achegará dúas horas para formación. Estas horas non computarán como xornada efectiva de traballo para efectos do número de horas establecido no artigo 5º do presente convenio (xornada de traballo); e os gastos de desprazamento ocasionados en cada unha das xornadas nas que deba de cumprir con tal abriga, serán retribuídos a razón de 520,66 pesetas de transporte por xornada, sempre e cando as ditas horas ocasionen por si mismas un desprazamento.

O comité será informado dos plans de formación previamente á súa realización, estudiaranse as súas suxestións e será informado do desenvolvemento da formación na empresa.

Disposicións derradeiras

Única.-Lexislacións subsidiarias.

En todo o non previsto no presente texto, haberá que se ater ó disposto na derrogada ordenanza laboral para a industria siderometalúrxica do 29 de xullo de 1970, así como á Lei 8/1980, do 19 de marzo, do Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais de carácter xeral.

Compromisos adicionais que no forman parte do texto do convenio:

1. Absentismo.

A comisión negociadora do presente convenio, á vista dos índices de absentismo existentes na empresa, e conscientes de que só unha clara concienciación de todos fará posible a súa reducción, proponse que durante a vixencia do presente convenio, o índice de absentismo teña reduccións significativas.

Para tal efecto, mensualmente publicaranse no taboleiro de anuncios os datos de absentismo do mes, o acumulado do ano e a súa relación co mesmo período do ano anterior.

Así mesmo, nace o compromiso de estudiar, en próximos convenios, as medidas necesarias tendentes a reconduci-los ditos índices a niveis razoables.

2. Sistema de clasificación profesional.

As partes asinantes do presente acordo propóñense estudiar e tratar de consensuar durante a vixencia del, e de cara á súa posible inclusión no próximo convenio, un novo sistema de clasificación profesional máis acorde á situación actual.

ANEXO III

Persoal que realiza traballos de soldadura CO2

KB medio alcanzadoSoldadura 1999Soldadura 2000

KB 1,00 a KB 0,980,4729,05

KB 0,97 a KB 0,940,4024,72

KB 0,93 a KB 0,900,3521,63

KB 0,89 a KB 0,850,2917,92

KB 0,84 a KB 0,810,2314,21

KB 0,80 a KB 0,760,16 9,89

KB 0,750,07 4,33

Os prezos de 1999 están en pesetas/minuto.

Os prezos de 2000 están en pesetas/hora.

Prezos prima KB ano 2000.

Tabóa convenio

KBPrezo

100253,25

99242,16

98231,24

97220,50

96209,92

95199,52

94189,30

93179,24

92169,36

91159,65

90150,11

89140,75

88131,56

87122,54

86113,70

85105,03

8496,53

8388,21

8280,05

8172,07

8064,27

7956,63

7849,17

7741,89

7634,77

7527,83

Realiza os cálculos con tres decimais, pero en nómina só figuran dous.

Horario de traballo

Ano 2000-2001

Horario de quenda de maña:

Descanso bocadillo

Traballo efectivo

De 6 a 14.05 h

De 10 a 10.15 h

470 minutos/día

Horario de quenda de tarde:

Descanso bocadillo

Traballo efectivo

De 14.05 a 22.10 h

De 9.15 a 19.30 h

470 minutos/día

Horario de quenda de noite:

Descanso bocadillo

Traballo efectivo

De 21.55 a 6 h

De 3 a 3.15 h

470 minutos/día

Horario persoal estructura:

Descanso bocadillo

Traballo efectivo

De 8.25 a 13.30 h

De 14.30 a 17.30

15 minutos/día

470 minutos/día