Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.739

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 29/2001, do 18 de xaneiro, polo que se aproba o cambio de titularidade de treitos da antiga estrada N-540 Lugo-Portugal por Ourense a prol do Concello da Merca.

O Concello da Merca solicitou a cesión por parte da Xunta de Galicia de varios treitos da antiga estrada N-540 (Lugo-Portugal por Ourense) comprendido no termo municipal e que quedan fóra do novo trazado da estrada referida logo das obras de mellora e ampliación nela efectuadas.

Conforme o sinalado nos artigos 4 e 5 da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e logo de acordo entre as administracións afectadas e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaoito de xaneiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Apróbase o cambio de titularidade, a prol do Concello da Merca dos seguintes treitos correspondentes á modificación do trazado da estrada N-540 (Lugo-Portugal por Ourense, treito: Ourense-Celanova):

*Variante Manchica-gasolineira:

A antiga estrada N-540 discorre nunha lonxitude de 305 metros.

O treito enlaza coa actual N-540 nos p.k. 14,500 e 14,700 da marxe dereita.

*Variante de Nigueiroá:

A antiga estrada N-540 discorre nunha lonxitude de 180 metros.

O treito enlaza coa actual N-540 nos p.k. 12,200 e 12,300 da marxe esquerda.

*Variantes en Parderrubias:

A antiga estrada N-540 discorre nunha lonxitude de 155 e 90 metros (marxe dereita e esquerda respectivamente).

O treito enlaza coa actual N-540 nos p.k. 13,700 e 13,900.

*Variante de Manchica-travesía:

A antiga estrada N-540 discorre nunha lonxitude de 170 metros.

O treito enlaza coa actual N-540 nos p.k. 14,900 e 15,050 da marxe esquerda.

*Variante de Parderrubias:

A antiga estrada N-540 discorre nuhna lonxitude de 225 metros.

O treito enlaza coa actual N-540 nos p.k. 13,400 e 13,600 da marxe dereita.

Artigo 2º

Corresponderalle ó Concello da Merca a xestión, mantemento, conservación e explotación das vías cedidas.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaoito de xaneiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda