Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 29 Venres, 09 de febreiro de 2001 Páx. 1.736

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 22 de xaneiro de 2001 pola que se dispón o nomeamento de vocal en representación da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

Os acordos do Consello da Xunta de Galicia do 5 e 26 de marzo de 1998 facultan o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para o exercicio das devanditas competencias.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e a mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do Consello de Administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, aceptada a renuncia dun representante da Comunidade Autónoma de Galicia no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

Nomear a Manuel Portas Acha como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2001

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda