Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.728

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COLEXIO SANTIAGO APÓSTOL

ANUNCIO.

Reunidos en asemblea extraordinaria universal tódolos socios da Cooperativa I. Enseñanza Santiago Apóstol, con domicilio social na Montesiña nº 33, Soutomaior-Pontevedra, apróbase por unanimidade a modificación do artigo 4º dos estatutos, quedando a súa redacción da seguinte forma:

Artigo 4º.-Actividade económica.

As actividades que para o cumprimento do obxecto social desenvolverá a cooperativa son: explotación dun complexo educativo e os seus servicios anexos, así como tódalas actividades complementarias

conexas ou subordinadas a el, que serían predominantemente:

Educación e investigación.

Asistencia social e outros servicios: programas orientados cara á normalización personalizada e integración sociofamiliar dos seus beneficiarios, tales como garderías infantís, ludotecas, pretallerres, granxas-escola, residencias de menores, casas de familia, vivendas tuteladas e todos aqueles orientados ós mesmos fins.

Outros como colonias vacacionais, venda de libros e material escolar.

Soutomaior, 31 de xaneiro de 2001.

Lourdes Vázquez Martínez

Presidenta