Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS PONTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ

INFORMACIÓN pública.

O Pleno do Concello, en sesión do 9-1-2001, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas

subsidiarias municipais de planeamento no soar situado entre as rúas Álvaro Cunqueiro, rúa da Fábrica e dúas rúas máis do planeamento, nas Pontes de García Rodríguez, que ten por obxecto o cambio da ordenanza actual, de quinteiro cerrado por outra de vivenda unifamiliar en liña ou adosada. Durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente, que se somete a información pública, estará de manifesto na secretaría do concello á disposición dos interesados.

A suspensión automática do outorgamento de licencias para tódolos usos e obras incompatibles coa ordenación proxectada (artigo 34.2º LSG) limítase ó soar afectado.

As Pontes de García Rodríguez, 11 de xaneiro de 2001.

Víctor Guerreiro Pena

Alcalde