Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

A Comisión Municipal de Goberno, na sesión ordinaria do día 21 de decembro de 2000, adoptou, por unanimidade, o seguinte acordo:

1. Inicia-lo expediente de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto alargamento da antiga estrada N-120 en Santa Cruz de Arrabaldo, polo procedemento de taxación conxunta.

2. Expoñer ó público o expediente de expropiación forzosa, dos bens e dereitos afectados para a execución do proxecto de alargamento da antiga estrada N-120 en Santa Cruz de Arrabaldo, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, po espacio dun mes, para que os que poidan resultar interesados formulen as observacións ou reclamacións que estimen convenientes, en particular sobre o que concirne á titularidade e valoración dos seus respectivos dereitos.

3. Notificar individualmente ós que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla de aprecio e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que poidan formula-las alegacións no prazo dun mes.

Relación de propietarios afectados

NºPrezo

predioPropietarioxusto

1Coren2.640

2Pablo Fernández Rodríguez6.720

3Carmen Fernández Fernández2.160

4Ángel Hentschel50.960

5Ángel Álvarez Rodríguez49.200

Ourense, 29 de decembro de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde