Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Xoves, 08 de febreiro de 2001 Páx. 1.713

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2001, da Subdirección Xeral de Patrimonio Cultural, polo que se notifica a resolución recaída no expediente sancionador S-C-1/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Carmen Castro Tiscar a resolución da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural recaída no expediente sancionador S-C-1/00 instruído por infracción do disposto na Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Esta resolución non esgota a vía administrativa, e contra ela poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que o interesado poida interpoñer calquera outro que coide oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda Galega, conta restrinxida de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

da Coruña. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa execución por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda.

Expediente: S-C-1/2000.

Sancionado: Carmen Castro Tiscar.

Domicilio que consta no expediente: Santiago Bernabeu, 14-8.

Localidade: Madrid.

Resolución: 24-11-2000.

Precepto infrinxido: 91.h) da Lei 8/1995.

Sanción: 100.000 pesetas.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2001.

Francisco Castro Allegue

Subdirección xeral de Protección do Patrimonio

Cultural