Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-2320; XG-217, Lugo-Castro-Arneiro-Vián, con anexo, por substitución da concesión V-2320; XG-217, Úbeda-Lugo.

O conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, con data do 17 de novembro de 2000, resolveu otorgarlle, con carácter definitivo, á empresa Transportes Úbeda Tierra Llana, S.L., a concesión do servicio público regular permanente de uso xeral

de transporte de viaxeiros por estrada V-2320 XG-217, Lugo-Castro-Arneiro-Vián, con anexo, por substitución da concesión V-2320; XG-217, Úbeda-Lugo, de acordo, entre outras, coas seguintes condicións particulares:

1. Itinerarios e puntos de parada.

-Lugo, Muxa, Rubiás, Teixeiro, Rozas, Dumpín, Duarría, Castro, Hospital, Xustás, Veiga, Momán, Casablanca, Arneiro, A Carballosa, Portoareoso, A Telleira, Muimenta, Vilariño, Outeiro, Xesto, Pedrafita, Pacios, As Coroas, Reigosa, Ermida e Vián.

-Reigosa, Estoa e Corvelle.

2. Prohibicións de tráfico.

De e entre Castro de Ribeiras de Lea e Arneiro, puntos intermedios e viceversa.

3. Expedicións.

Vián-Reigosa-Corvelle-Reigosa-Xesto-Arneiro-Castro-Rozas-Lugo.

Unha expedición de ida e volta de luns a sábados laborables.

4. Tarifas.

-Tarifa aplicable:

*Tarifa partícipe por viaxeiro/km.: 10,2078 pesetas.

*Tarifa usuario: 10,9223 pesetas.

*Exceso de equipaxes e encargos (excluído IVE): 1,5312 pesetas.

Contra a citada orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes ante este mesmo órgano, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes