Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 27 Mércores, 07 de febreiro de 2001 Páx. 1.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7022; XG-396.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos), consistente na prolongación do itinerario da concesión V-7022; XG-396, entre Muros e O Pindo, da titularidade da empresa Castromil, S.A.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2000.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes