Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan liquidacións complementarias pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Muelle Rodil, Carlos e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados pola oficina liquidadora de distrito hipotecario de Cambados e Redondela en aplicación do artigo 120 e seguintes e concordantes da Lei xeral tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con domicilio:

-Rúa Ourense, 16 Cambados.

-R/ Casto San Pedro, 1-1º Redondela.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Muelle Rodil, Carlos

DNI: 35.437.972-D

R/ Outeiro-Adina

Sanxenxo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 4187/1999

Liq. 600900120549

InteresadoProcedemento

Rodríguez Vázquez, Fernando

DNI: 36.039.500-H

R/ Alcalde Portanet, 24-8º F

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte.: 158/1999

Liq. 650800319665