Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 10 de xaneiro de 2001, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relacionan aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Fernández Comesaña, Pilar e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Pontevedra en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante da secretaría desta delegación, con enderezo na rúa Michelena 30, Pontevedra, en horario de 9 a 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 10 de xaneiro de 2001.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

InteresadoProcedemento

Fernández Comesaña, Pilar

DNI: 35.214.983-M

R/ Zaragoza, 4º B-p.3-B

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 7321/1999

Liq. 600900044012

Varela Noguerol, Fernando

DNI: 32.266.046-J

Avda. Castelao, 66-11-C

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 6223/1999

Liq. 600802533227

UASGAL, S.L.

NIF: B-36.242.42

Avda. Praia Lourido, 31

Poio

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 4240/1999

Liq. 600900008411

UASGAL, S.L.

NIF: B-36.242.42

Avda. Praia Lourido, 31

Poio

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 4816/1999

Liq. 600900006418

InteresadoProcedemento

Montes Millos, Antonio

DNI: 35.934.591-N

R/ Cánovas del Castillo, 5-11-12

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 4091/2000

Liq. 600900163043