Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.551

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xaneiro de 2001, que modifica a do 12 de decembro de 2000, pola que se ordena a publicación da convocatoria de provisión dos postos de traballo incluídos na oferta pública de persoal laboral.

Por Orde do 12 de decembro de 2000 (DOG nº 243, do 18 de decembro) convocouse o proceso de provisión para cubrir prazas vacantes reservadas ó persoal laboral nas relacións de postos de traballo polo sistema de concurso de traslados.

De conformidade co establecido no artigo 7.2.a.2 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la Orde do 12 de decembro de 2000 pola que se ordena a publicación da convocatoria da provisión dos postos de traballo incluídos na oferta pública de persoal laboral, no sentido de eliminar da relación de prazas do seu anexo II as prazas co número de orde 1774 (XU.C99.10004.15001.046) e 1775 (XU.C99.10004.15001.047).

Segundo.-Como consecuencia desta modificación, amplíase o prazo de presentación de instancias para quen xa presentara solicitude dalgún dos postos que se eliminan, que coincidirá co último día dos 15 hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, para os efectos de incluír na súa petición, se así o estima oportuno, algún outro posto en lugar dos suprimidos.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer reclamación administrativa previa perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións concordantes.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública