Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Martes, 06 de febreiro de 2001 Páx. 1.547

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 24 de xaneiro de 2001 pola que se ofertan predios obxecto de transmisión, en virtude de contratos de mandato formalizados con determinados cedentes, ó abeiro do disposto na Orde do 27 de marzo de 2000, en relación co programa de axudas para o cesamento anticipado na actividade agraria.

A orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria do 27 de marzo de 2000 (DOG nº 66, do 4 de abril) define as normas para a aplicación dun programa de axudas ó cesamento anticipado da actividade agraria na que, conforme o disposto no artigo 9, o Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga) se constitúe como servicio de transmisión, encargado de realiza-las actividades administrativas de mediación entre cedentes e cesionarios, nos supostos en que se suscriba contrato de mandato, en modelo oficial, entre o cedente e o director do devandito instituto.

Pola súa banda, mediante resolución da Dirección do Ilgga, do 14 de xuño de 2000 (DOG nº 134, do 11 de xullo), publicouse, no seu anexo II, o modelo oficial de contrato de mandato entre o mandante-cedente (titular dunha explotación que se acolle ó cesamento anticipado na actividade agraria) e o representante do servicio de transmisión.

Ó abeiro do disposto no artigo 9.3º da dita orde, o Ilgga ofertará, por conta e nome do cedente, os predios obxecto de transmisión nos correspondentes contratos de mandato, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, dunha relación de propietarios, predios, superficies destes, concellos nos que se localizan e réxime no que se oferta a transmisión, así como, de se-lo caso, os dereitos, cotas, cantidades de referencia e concesións administrativas.

Posto que determinados titulares de explotacións formalizaron contrato de mandato co servicio de transmisión, mediante a presente resolución o Ilgga, conforme a previsión do devandito artigo 9.3º, oferta os predios dos titulares de explotacións agrarias (mandantes), acollidos ó cesamento anticipado.

Xa que logo, con base no exposto,

RESOLVO:

Primeiro.-Oferta de predios obxecto de transmisión.

Conforme o previsto no artigo 9.3º da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, do 27 de marzo de 2000, e nas condicións establecidas no contrato de mandato asinado, por unha parte, polos mandantes-cedentes, titulares de explotacións acollidos ó cesamento anticipado na actividade agraria e, por outra, polo Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), como servicio de transmisión, este oferta, en nome e por conta daqueles, os predios especificados nos anexos I e II da presente resolución, no réxime de oferta que se indica.

Segundo.-Solicitudes para acollerse á oferta.

Os potenciais cesionarios, agrarios ou non agrarios, interesados en acollerse á oferta de transmisión, achegarán un escrito, dirixido á Dirección do Ilgga (sita na rúa dos Irmandiños s/n, Salgueiriños, 15704, Santiago de Compostela), no que manifesten o seu interese en seren cesionarios dos predios ofertados.

Terceiro.-Traslado ós cedentes.

Dos escritos presentados no servicio de transmisión darase oportuno traslado ós propietarios dos predios ofertados, co fin de obte-la súa conformidade, coa conseguinte formalización da transmisión no réxime de oferta que corresponda.

Cuarto.-Utilización das terras cedidas.

Na formalización da transmisión que se efectúe entre o cedente e o cesionario, deberá consta-la obriga deste de que as terras cedidas, calquera que sexa o seu destino, se utilizarán en condicións compatibles coa conservación ou a mellora do ambiente, do espacio natural e do campo, en cumprimento do previsto no artigo 8.4º da Orde do 27 de marzo de 2000.

Quinto.-Exposición pública.

A presente resolución exporase nos servicios provinciais do Ilgga na Coruña e Pontevedra, así como nas axencias de Extensión Agraria de Santiago e Silleda.

Santiago de Compostela, 24 de xaneiro de 2001.

Manuel Díaz Cano

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia

ANEXO I

Propietaria: María Romero Barreiro.

Expediente: 15/2000/01225.

ProvinciaConcelloPolígonoParcelaSup. agraria

(en hectáreas)

Réxime de oferta

A CORUÑAVAL DO DUBRA851230,14Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA8680330,02Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA8681340,01Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA421920,02Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA8580060,05Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA8580970,02Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA86380,12Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA8680190,14Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA8680220,02Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA8680490,01Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA8680890,01Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA8680900,02Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA9180030,02Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA5043190,12Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA5044160,05Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA5044170,23Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA5043970,06Arrendamento

A CORUÑAVAL DO DUBRA5044210,18Arrendamento

Total superficie agraria (en hectáreas)1,24

ANEXO II

Propietaria: Purificación Docampo Vilar.

Expediente: 36/2000/000201.

ProvinciaConcelloPolígonoParcelaSup. agraria

(en hectáreas)

Réxime de oferta

PONTEVEDRASILLEDA93750,13Arrendamento

PONTEVEDRASILLEDA10430,40Arrendamento

PONTEVEDRASILLEDA93882,22Arrendamento

Total superficie agraria (en hectáreas)2,75