Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, para o arrendamento (modalidade renting) de 115 teléfonos-fax-contestador para os servicios veterinarios destinados nas comarcas veterinarias e matadoiros homologados de Galicia (C/16-2001).

Obxecto e orzamento: arrendamento (modalidade renting) de 115 teléfonos-fax-contestador para os servicios veterinarios destinados nas comarcas veterinarias e matadoiros homologados de Galicia, por un importe máximo de once millóns corenta mil pesetas (11.040.000 pesetas, IVE incluído) equivalentes a 66.351,74 euros.

O prezo máximo será de 2.000 pesetas/equipo/mes.

Solvencia económica e financeira: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica: deberá acreditarse conforme o previsto na cláusula 4.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de execución: catro anos desde a entrega e posta en funcionamento dos equipos nos lugares de traballo. O prazo de entrega e a posta á disposición dos equipos será dun mes, contado desde a formalización do contrato.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pódese solicitar na Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, División

de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Contratación e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

Garantías: o 2% do orzamento de licitación, que se constituirá segundo o disposto no artigo 35 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (TRLCAP).

Admisión de variantes: non se admiten.

Criterios de adxudicación: ver cláusula 6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación de proposicións: as proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas, antes das 14 horas do vixésimo sexto día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo na forma indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais no edificio administrativo San Caetano (ático á norte), a partir das 9.30 horas do décimo día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día habil.

Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: os anuncios do presente concurso serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2001.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos