Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.475

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

CÉDULA do 9 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución do expediente sancionador 15-1768/1999 en materia de defensa do consumidor.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas mencionadas a continuación (que non puideron ser notificadas no último domicilio coñecido que así mesmo se indica), a resolución do expediente 15-1768/1999 por infracción en materia de defensa do consumidor.

Contra a dita resolución cabe interpoñer recurso de alzada ante o presidente do Instituto Galego do Consumo, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa notificación; tamén poderá interpoñer calquera outro que coide pertinente ó seu dereito. Se non fose recorrida no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva, e poderá facerse efectiva, en período voluntario, en calquera entidade financeira, na conta 3110001136 de Caixa Galicia (2091), Oficina de Relación con Organismos (0388)

Santiago de Compostela. Noutro caso procederase sen máis trámite á súa exacción en vía executiva, nos seguintes prazos:

A) As débedas notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de notificación ata o día 5 do seguinte mes ou o inmediatamente hábil e posterior.

B) As débedas notificadas entre os días 16 e o último de cada mes, desde a data de notificación ata o día 20 do mes seguinte ou o inmediatamente hábil e posterior.

Expediente: 15-1768/1999.

Denunciado: Antonio Ribeiro Fernández.

Domicilio: rúa Celso Emilio Ferreiro, 15407 A Gándara (Narón).

Sanción e motivos: 75.000 pesetas (setenta e cinco mil pesetas), por non facilita-lo orzamento previo.

Data de resolución: 29-11-2000.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego de Consumo