Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Luns, 05 de febreiro de 2001 Páx. 1.448

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 26 de xaneiro de 2001 pola que se establecen os créditos e a aplicación orzamentaria que financiarán a concesión de axudas e subvencións ó programa de escolas obradoiros e casa de oficios para o exercicio de 2001.

O Decreto 171/1999, do 23 de decembro, e a orde da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude do 4 de xaneiro de 2000, que o desenvolve, establecen as bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións ó programa de escolas obradoiros e casa de oficios no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

As especiais características do programa, a duración dos proxectos formativos aprobados e a vocación de permanencia no tempo das precitadas disposicións, característica común coa normativa estatal, conxugadas cos principios de economía e eficiencia e a ausencia de modificacións no seu articulado, agás no relativo ós créditos e á aplicación orzamentaria, xustifican a publicación da presente norma.

De conformidade co previsto no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, o financiamento do programa regulado nesta orde, entre outros, realizarase con cargo ós créditos que figuran na aplicación orzamentaria 14.04.241A.480.0 por un importe total de 4.313.665.000 pesetas.

Estes créditos poderán ser obxecto de modificacións como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos para o financiamento dos programas de fomento do emprego, coas limitacións que estableza a Con

ferencia Sectorial de Asuntos Laborais ou as disposicións aplicables ás axudas cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, todo iso no marco dos Acordos para o Crecemento e o Emprego en Galicia 1998-2001.

Consecuentemente con todo o anterior, consultado o Consello Galego de Relacións Laborais, logo de informe favorable da Asesoría Xurídica Xeral da Xunta de Galicia e en exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, en relación coa disposición derradeira primeira do Decreto 344/1999, do 23 de decembro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. A presente orde ten por obxecto a convocatoria das axudas e subvencións ó programa de escolas obradoiros e casa de oficios.

2. A xestión do programa de escolas obradoiros e casa de oficios durante 2001, así como as condicións e finalidade das axudas, o prazo e forma de xustificación por parte dos beneficiarios e a forma de pagamento rexeranse polo previsto na Orde do 4 de xaneiro de 2000, pola que se desenvolve o Decreto 344/1999, do 23 de decembro, e se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas e subvencións ó programa de escolas obradoiros e casa de oficios (DOG nº 33, do 17 de febreiro de 2000).

Artigo 2º

As axudas e subvencións que se concedan para o funcionamento de obradoiros de emprego financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 14.04.241A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001.

Artigo 3º

As solicitudes de axudas e subvencións para ó programa de escolas obradoiros e casa de oficios poderán presentarse durante todo o ano 2001.

Disposicións adicionais

Primeira.-A concesión das axudas e subvencións previstas nesta orde estará supeditada á existencia de crédito orzamentario, sendo o seu límite global o crédito asignado na aplicación 14.04.241A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2001 por un importe global máximo de 4.313.665.000 pesetas.

Segunda.-As solicitudes presentadas ó abeiro da Orde do 4 de xaneiro de 2000 e que non se resolvesen dentro de 2000, poderán resolverse no exercicio do ano 2001.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o director xeral de Fomento do Emprego a dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións e instruccións necesarias para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude