Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.366

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 127 e 148/2000.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que no anexo se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; a súa contía e número cítanse no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun

mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma terá que aboa-la multa imposta no período de pagamento voluntario, a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 4 de xaneiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

Dolores Álvarez Otero33.811.464LU-E 127/200023-m) L.O. 1/1992Pascual Veiga, ed. Luar

Covas, Viveiro

Arquivo

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 148/200023-o) en relación co

26-e) L.O. 1/1992

Misericordia, 50-1, Viveiro 55.000 ptas.