Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.365

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación dos acordos de iniciación de expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 254/2000 e sete máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás que non se lles puido facer por correo certificado, os acordos de iniciación dictados nos expedientes

de sanción por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Desígnase instructor do expediente o xefe do Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior, Rafael López Charques, e secretario o xefe de grupo, Constantino Alvar Cabido, podendo ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992 (BOE do 27 de novembro).

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes na defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como o establece o artigo 13 d) do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993 (BOE do 9 de agosto), determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para a imposición da sanción o delegado provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais en Lugo, segundo o establecido na Orde do 26 de setembro de 1996, da citada consellería (DOG do 30 de setembro).

Lugo, 4 de xaneiro de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 254/200023 o) en relación co

26 e) L.O. 1/1992

Misericordia, 50, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 256/200023 o) en relación co

26 e) L.O. 1/1992

Misericordia, 50, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

NomeDNI/NIFNº expedientePrecepto infrinxidoÚltimo domicilioMulta máxima

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 243/200023 o) en relación co

26 e) L.O. 1/1992

Misericordia, 50, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 231/200023 o) en relación co

26 e) L.O. 1/1992

Misericordia, 50, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 227/200023 o) en relación co

26 e) L.O. 1/1992

Misericordia, 50, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Manuel Casal Maseda33.831.613LU-E 224/200023 o) en relación co

26 e) L.O. 1/1992

Misericordia, 50, ViveiroAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 250/200023 o) en relación co

26 e) L.O. 1/1992

Cidade de Viveiro, VilalbaAta 5.000.000 de ptas. e/ou suspensión da licencia de apertura polo período de ata 6 meses

Koke Vilalba, S.L.B-27.206.416LU-E 240/200026 e) L.O. 1/1992Cidade de Viveiro, VilalbaAta 50.000 ptas.