Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Venres, 02 de febreiro de 2001 Páx. 1.364

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de revogación de autorización e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ós establecementos que se mencionan no anexo I as resolucións e a cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas, en diante REAT.

Mediante visita da inspección, o Servicio de Inspección de Turismo dependente desta delegación comprobou que nos establecementos que a seguir se relacionan no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística para a que foron autorizados.

Considerando que no expediente non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade tal e como dispón o parágrafo primeiro do artigo 25.3º da Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, o Servicio Provincial de Turismo propón a conseguinte cancelación no REAT.

Por todo o exposto, notifícaselles ós titulares dos establecementos referidos no dito anexo I que, se no prazo de quince días non presentan alegacións que xustifiquen o peche temporal ou a súa vontade efectiva de continuar coa actividade, se acordará de oficio a cancelación da inscrición no REAT, todo isto ó abeiro do parágrafo segundo do artigo 25.3º de la Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia, e do artigo 17.2º do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, pola que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Pontevedra, 11 de decembro de 2000.

Pilar Rojo Noguera

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO I

Relación de bares, cafés-bares e similares propostos para a baixa

DenominaciónSign.TitularEnderezoConcello

Blue StarV-PO 1365Ramón Caneda GómezR/ San Antoniño, 3Pontevedra

Manuel GonzálezV-PO 0499Manuel González ÁlvarezAv. Fdez. Ladreda, 33Pontevedra