Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-13/2000).

O Pleno do Concello, en sesión do día 18 de decembro de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións presentadas por Purificación Rostro Seoane e José D. Dios Iglesias e outro, con base no informe xurídico que consta no expediente.

Segundo.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle presentado pola entidade Carballesa, S.L., coa seguinte precisión do informe técnico: considerarase como edificabilidade máxima a de 1.410 m computados segundo determinacións do artigo 6.4º 1º do PX.

Terceiro.-Proceder á publicación do presente acordo na forma legalmente prevista.

Cuarto.-Notifica-los interesados afectados polo proxecto do estudio de detalle.

Quinto.-Contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo

transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Os gastos de publicación deste anuncio serán aboados polo seu promotor.

A Coruña, 21 de decembro de 2000.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo