Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO de poxa de obras.

O Concello de Cambre incoou expediente de contratación para a adxudicación da obra que a seguir se relaciona:

-Mellora dos pavimentos das vías do concello de Cambre, ano 2000: orzamento: 26.080.386 pesetas, IVE incluído (156.746,28 euros).

O anuncio de licitación publicouse no BOP da Coruña nº 20, do 25 de xaneiro do ano que andamos.

Os interesados poderán obter información e consulta-los pregos e mailos proxectos no Departamento de Contratación, no primeiro andar da Casa do Concello, e presentar alegacións ós pregos no prazo de oito días, de conformidade co establecido no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

O prazo para presenta-las proposicións e demais documentación será de vinteseis días naturais a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cambre, 26 de xaneiro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde