Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/38-2).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se citan:

Solicitante: BEGASA.

Enderezo social: r/ Cidade de Viveiro, nº 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de Ceranzos e Prada.

Situación: Xove.

Descricións técnicas: L.M.T. a 20 kV en conductor LA-56 de 1.046 metros de lonxitude con orixe en L.M.T. Illade-Vilapol e fin no C.T. de Ceranzos. C.T. Ceranzos de 160 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V. C.T. Prada de 160 kVA e relación transformación 20.000/380-220 V. R.B.T. en conductor R.Z. de 1.800 metros de lonxitude total.

Presentados escritos de alegacións, de datas 17 de xullo de 2000 e 19 de decembro de 2000, subscritos pola vicepresidenta da Asociación de Veciños e Consumidores San Pedro de Xuances de Xove,

Manuela López Ben, faise necesario adoptar unha resolución sobre o que é obxecto dos ditos escritos, o que se fai con esta mesma data e notifícase á parte interesada, na forma e para os efectos que prevén a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial, resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustaran en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións tecnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente o seu dereito.

Lugo, 21 de decembro de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo