Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/116-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.

Denominación: L.M.T.S. e C.T. Julia Minguillón.

Situación: Ourense.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 270 m en conductor R.H.V. 12/20 kV, derivada desde a L.M.T. subterránea ó C.T. Portugal-3 e remata na L.M.T. subterránea ata a subestación Barbaña, despois de pasar polo C.T. tipo interior proxectado con 400 kVA, 20.000/380-220 V na r/ Julia Minguillón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 19 de decembro de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense