Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 26 de xaneiro de 2001, da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, pola que se anuncia a contratación polo sistema de concurso público aberto da subministración dun vehículo tipo turismo.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública por proposta da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos convoca o seguinte concurso público aberto, conforme o disposto no Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas e demais lexislación concordante.

Obxecto do contrato:

Subministración dun vehículo tipo turismo, segundo as características expresadas no prego de bases.

O orzamento máximo para a realización do citado traballo IVE incluído será de 4.500.000 pesetas (27.045,544 euros) con cargo á aplicación orzamentaria 04.08.361A.624.1. Neste orzamento estarán incluídos os impostos e demais gastos inherentes a ela.

Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento de licitación (90.000 pesetas, equivalentes a 540,91 euros).

-Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

-Clasificación e categoría: non se esixe.

Presentación de ofertas:

a) Prazo: comezará o día seguinte ó da data da publicación desta resolución e rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural, seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en día inhábil, o prazo de presentación rematará ás 14 horas do día seguinte hábil.

b) Documentación que hai que presentar: os licitadores presentarán as súas ofertas en tres sobres pechados (1, 2, e 3) xunto cos documentos previstos no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: a documentación que hai que presentar entregarase no rexistro xeral da Xunta de Galicia ou no da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos (San Caetano, Santiago de Compostela), ou por calquera dos medios admitidos polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, segundo Real decreto 1528/1986, do 28 de novembro.

d) Modelo de proposición: a proposición económica formalizarase conforme o modelo que se xunta como anexo I (modelo de proposición) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Apertura de proposicións:

Será realizada pola mesa de contratación na sala desta secretaría xeral, sita na Consellería da Presidencia e Administración Pública, ás 13 horas do segundo día hábil seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Os documentos de interese para os licitadores, tanto o prego de cláusulas administrativas particulares como o de prescricións técnicas e demais documentación complementaria, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, sita nas dependencias do Pazo de Raxoi ou no edificio administrativo de San Caetano. Teléfono de aclaracións: 981 54 12 05.

Anuncios:

O custo do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2001.

Jesús Parga López

Secretario xeral para as Relacións cos Medios

Informativos