Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.291

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a contratación, mediante concurso aberto, dos servicios de vixilancia e seguridade nas dependencias da Xunta de Galicia.

Obxecto: contratación da prestación dos servicios de vixilancia e seguridade nas dependencias da Xunta de Galicia, mediante concurso aberto.

Orzamento de licitación: 69.730.452 pesetas (419.088,45 euros), IVE incluído.

Garantía provisional: 1.394.609 pesetas (8.381,768 euros).

Garantía definitiva: o 4% do importe de adxudicación.

Clasificación esixida: grupo III, subgrupo 2 e categoría D.

Prazo de execución: sete meses.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet http//www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=141

Modelo de proposición: o que figura como anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do complexo administrativo de San Caetano, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día hábil, contado a partir do día seguinte a aquel en que remata o prazo para a presentación das ofertas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2001.

P.D.(Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Publica