Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.251

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2001, conxunta da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde e da Escola Galega de Administración Sanitaria, pola que se convocan cursos de formación continua para o persoal de institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde.

Os coñecementos e capacidades dos profesionais das institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde determinan, en grande medida, a calidade dos servicios sanitarios dispensados ós usuarios.

Neste sentido, a formación continua amósase como unha das ferramentas máis axeitadas para, pola vía da capacitación dos profesionais, mellorar e adecua-los servicios sanitarios ás demandas dos usuarios.

Para tal fin, xa en anos anteriores foron aprobados e executados, no marco dos acordos de formación continua, os plans de formación continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas.

Os citados plans tiveron un alto grao de participación e aceptación por parte dos profesionais receptores, abranguendo a totalidade das profesións que desenvolven os seus servicios neste organismo.

Xa que logo, cómpre continuar co presente plan na liña de actuación seguida, na procura de completa-los aspectos formativos máis relevantes xa impartidos en anos anteriores e inicia-lo tratamento en materias novas de notoria e notable relevancia no marco da asistencia sanitaria.

Trala creación polo Consello da Xunta de Galicia do día 19 de decembro de 1997 da Escola Galega de Administración Sanitaria (FEGAS), que ten como finalidade primordial a formación continua e o perfeccionamento técnico de todo o persoal do Servicio Galego de Saúde, asinouse entre este organismo e a escola un convenio de colaboración a través do que a organización, xestión e execución de toda a actividade docente incluída nos plans de formación continua dos anos 1998, 1999 e 2000 lle correspondeu á escola, reservándose a División de Recursos Humanos a negociación coas organizacións sindicais do contido do plan, así como a negociación e aprobación dos criterios de selección dos participantes nos distintos cursos de formación.

Para o presente ano prorrogouse o dito convenio, polo que a FEGAS organizará, xestionará e executará tódalas actividades docentes do Plan do ano 2001.

Neste sentido cómpre salientar que ata o de agora o papel que viñan desenvolvendo as organizacións sindicais asinantes do acordo de formación continua limitábase a participar no proceso de selección dos asistentes ós cursos. Sen embargo, ó longo do ano 2000 retomouse, no seo da División de Recursos Humanos do Sergas, o funcionamento do Consello de Formación Continua. Deste xeito ampliouse e reforzouse o papel das organizacións sindicais no deseño e planificación das actividades docentes incluídas no Plan correspondente ó ano 2001.

Así, tras unha primeira proposta de actividades formativas elaboradas pola FEGAS, que foi ratificada polo consello, e escoitadas as comisións de formación de cada centro (nas que tamén están representadas as ditas organizacións sindicais), someteuse o conxunto do Plan á consideración do Consello de Formación Continua do Sergas quen o informou, por unanimidade, favorablemente, quedando pendente tan só da súa ratificación e aprobación nos termos que se preveñan, con carácter xeral, o Ministerio para as Administracións Públicas.

Por outra parte, no seo do dito consello acordouse tamén, coa finalidade de acadar unha maior racionalidade na confección do calendario docente alongando a realización das actividades incluídas no Plan no maior número de meses posible, a súa convocatoria o máis axiña posible, e todo isto con independencia da súa ratificación posterior aínda que supeditado a ela.

Por todo isto e coa finalidade de darlle á formación a continuidade axeitada que a faga realmente efectiva, a División de Recursos Humanos, logo do informe das centrais sindicais CIG, CC.OO., UGT e CSI-CSIF, xunto coa Escola Galega de Administración Sanitaria, resolven facer pública a convocatoria para participar nos cursos que conforman o Plan de Formación Continua do persoal de institucións sanitarias dependentes do Sergas para o ano 2001 e que figuran no anexo, que deberá resolverse conforme as seguintes bases:

Primeira.-Acceso ás actividades.

Poderá participar nas accións formativas todo o persoal que preste servicios nas institucións sanitarias do Servicio Galego de Saúde e que cumpra os requisitos esixidos para cada curso.

Segunda.- Solicitudes.

I. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presenta-la solicitude cuberta no modelo normalizado, que se poderá recoller nos servicios de recursos humanos das institucións sanitarias do Sergas e na que constará, necesariamente, o informe expedido polo director da área correspondente ou persoa na que delegue da institución sanitaria da que dependa. A antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde serán acreditados mediante certificación ou certificacións totalizadas en días, que serán expedidas polo centro de xestión no que o solicitante estea prestando os seus servicios.

II. O prazo de presentación de solicitudes será o seguinte:

a) Para as edicións das accións formativas que inician a súa actividade con anterioridade ó día 31 de xullo de 2001, o prazo comezará o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 5 de marzo de 2001.

b) Para as edicións das accións formativas que inician a súa actividade a partir do día 1 de setembro de 2001, o prazo comezará o día seguinte ó da publi

cación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2001.

III. As solicitudes, coa documentación acreditativa, dirixiranse ó centro de xestión onde terá lugar o desenvolvemento do curso. Non obstante, de opta-lo aspirante por presenta-la dita documentación noutra institución de conformidade co artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a institución receptora remitiralle a dita documentación ó centro de xestión onde terá lugar o desenvolvemento do curso solicitado.

Terceira.-Selección.

I. Os criterios selectivos para participar nos cursos serán, con carácter xeral, os que a continuación se relacionan, agás que se establezan outro criterio ou criterios específicos para aqueles cursos nos que así se especifique expresamente no anexo á presente resolución:

1. Ser necesariamente destinatario, de conformidade co establecido no anexo para cada curso.

Os solicitantes que non cumpran este requisito serán automaticamente excluídos. Igualmente se excluirá os solicitantes que xa teñan feito o mesmo curso en edicións anteriores.

2. De existiren máis solicitudes ca prazas, terán carácter preferente os aspirantes que realicen tarefas máis directamente relacionadas co contido básico e obxectivos do curso.

3. De continuaren existindo un número maior de solicitudes ca prazas, terán prioridade, en primeiro lugar, os profesionais que presten os seus servicios no Sergas con praza en propiedade ou con vínculo de duración superior a un ano e, en segundo lugar, os profesionais con nomeamento ou contrato temporal vixente na data de publicación desta resolución.

4. De existiren, aínda, un número maior de solicitudes ca prazas convocadas, terán prioridade os profesionais que acrediten unha maior antigüidade ou servicios prestados no Sistema Nacional de Saúde.

5. Por último, en caso de empate, resolverase por sorteo.

II. A falsidade ou ocultación de datos esenciais para a selección dos aspirantes dará lugar á súa exclusión automática do curso solicitado, así como á imposibilidade de participar en ningún outro curso no presente ano.

III. Nas institucións sanitarias responsables da execución dunha ou varias accións formativas procederase á constitución dunha comisión paritaria de baremación das solicitudes presentadas, na que estarán presentes representantes da institución e das centrais sindicais asinantes do plan.

Cuarta.-Publicación das listas de admitidos.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes e trala baremación correspondente, publicaranse nos taboleiros de anuncios das direccións provinciais

do Sergas e nos de tódolos centros de xestión, tanto de atención primaria como de atención especializada, as listas de aspirantes admitidos.

Quinta.-Certificación de asistencia.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a tódalas sesións dos cursos. Calquera inasistencia non xustificada ou xustificada insuficientemente será impeditiva da expedición do certificado acreditativo da participación no curso.

Unicamente poderá autorizarse a ausencia por causas xustificadas documentalmente e que, en ningún caso, poderá supera-lo 15% das horas lectivas.

O dito certificado ou diploma acreditativo será expedido pola Escola Galega de Administración Sanitaria.

Sexta.-Modificacións.

I. A Escola Galega de Administración Sanitaria poderá modifica-los contidos e desenvolvemento dos cursos, co fin de adaptalos ás continxencias que poidan xurdir.

Así mesmo, as datas e horarios previstos no anexo para cada unha das actividades formativas poderán ser modificados por cuestións organizativas. En tal suposto, notificarase o cambio de xeito individual ós participantes seleccionados con anterioridade ó comezo do curso.

II. No suposto de que o número de instancias recibidas sexa inferior ó 50% das prazas convocadas, a División de Recursos Humanos e a Escola Galega de Administración Sanitaria reservaranse para si o dereito de suspende-la realización do curso de que se trate, utilizando para o efecto os medios de notificación ós interesados previstos na normativa vixente.

Sétima.-Medios materiais.

Os distintos centros de atención primaria e especializada do Sergas nos que se impartan as actividades incluídas no presente plan haberán de proporcionar á FEGAS as aulas, co equipamento de medios audiovisuais axeitados para a actividade de que se trate.

Igualmente, será por conta dos centros o aseguramento e a responsabilidade civil derivada da realización neles dos distintos cursos incluídos no presente plan.

Oitava.-Financiamento.

En razón dos fondos cos que se financian estes cursos, a súa realización efectiva está condicionada á súa aprobación definitiva e á transferencia súa por parte do Instituto Nacional de Administración Pública.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2001.

Valeriano Martínez GarcíaJavier Bouzada Romero

Director Xeral da DivisiónDirector da Escola Galega

de Recursos Humanos do Sergasde Administración Sanitaria

ANEXO

A) Comúns a distintas categorías de persoal.

1. Prevención de riscos laborais.

-Nº de edicións: 8.

-Nº de prazas: 40.

-Nº de horas por edición: 10.

-Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º. Traballadores do Sergas. Delegados de prevención de atención primaria. 2º. Traballadores do Sergas de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º. Traballadores do Sergas. Delegados de prevención de atención especializada. 2º. Traballadores do Sergas de atención primaria.

-Obxectivos: formar en conceptos básicos e en lexislación de prevención de riscos laborais. Sensibiliza-los traballadores en prevención de riscos. Divulga-la política preventiva do Sergas. Informar das actividades preventivas levadas a cabo no Sergas. Cumprir cos principios e obxectivos do Plan Xeral de Prevención de Riscos Laborais. Cumprir coa lexislación vixente en materia de formación a traballadores e delegados de prevención.

-Contidos: conceptos básicos en prevención de riscos laborais. Sistema de xestión da prevención de riscos laborais. Lei 31/1995 de P.R.L., R.D. 39/1997 e lexislación aplicable ó Sergas. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Metodoloxía de avaliación de riscos no Sergas.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5001Complexo Hospitalario de Ourense27, 28, 29 de marzo16.30-19.30 h

5002Xerencia de Atención Primaria de Lugo17, 18, 19 de abril16.30-19.30 h

5003Complexo Hospitalario Xeral-Calde24, 25, 26 de abril16.30-19.30 h

5004Hospital Nicolás Peña5, 6, 7 de xuño16.30-19.30 h

5005Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza12, 13, 14 de xuño16.30-19.30 h

5006Hospital Comarcal de Monforte de Lemos19, 20, 21 de xuño16.30-19.30 h

5007Hospital Comarcal de Valdeorras26, 27, 28 de setembro16.30-19.30 h

5008Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela8, 9, 10 de outubro16.30-19.30 h

2. Análise e solución de problemas. Toma de decisión.

-Nº de edicións: 3.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 16.

Destinatarios: persoal de tódalas áreas de atención primaria e especializada con necesidade no seu día a día de analizar problemas e tomar decisións.

-Obxectivos: identificación e descrición específica dos problemas e/ou conxuntos de problemas ós que deben enfrontarse de forma cotiá no traballo. Adapta-las súas necesidades e practica-la metodoloxía, ferramentas e técnicas máis apropiadas para optimiza-lo proceso completo de solución de problemas e de toma de decisións.

Contidos: os problemas cotiáns. O traballo en equipo. ¿Usamos algún tipo de análise?. ¿Como decidimos?. A metodoloxía de análise: problemas e situacións. Técnicas e ferramentas para a toma de decisións.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5009Complexo Hospitalario de Pontevedra26, 27, 28, 29 de marzo16.30-20.30 h

5010Complexo Hospitalario Xeral-Calde15, 16, 17, 18 de outubro16.30-20.30 h

5011Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos5, 6, 7, 8 de novembro16.30-20.30 h

3. Xextión de conflictos interpersoais.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 12.

-Destinatarios: persoal de tódalas áreas de atención primaria e especializada con funcións de responsabilidade.

-Obxectivos: identificar e valora-la comunicación como a principal ferramenta de traballo dun responsable. Técnicas de mellora das habilidades comunicativas. Importancia da resolución dos conflictos interpersoais sen dana-las relacións. Coñecer e practicar unha metodoloxía de análise de problemas e de situacións conflictivas para poder actuar de forma positiva na súa resolución.

-Contidos: ¿con quen e para que nos comunicamos?. As causas máis habituais dos problemas de comunicación. Os intereses individuais e os mutuos. O conflicto de intereses. Busca de alternativas. Centrarse na colaboración. Centrarse nos compromisos.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5012Complexo Hospitalario de Ourense23, 24, 25 de outubro16.30-20.30 h

4. Xestión de equipos.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 30.

-Destinatarios: directivos, mandos e cadro técnico.

-Obxectivos: comprende-la importancia da coherencia grupal dentro do traballo en equipo, e como xestiona-lo equipo.

-Contidos:

Modulo I. Organización de equipos de traballo.

Modulo 2. Planificación das tarefas en / e para o equipo.

Modulo 3. As funcións e a importancia da delegación de tarefas.

Modulo 4. Como se organiza o traballo en equipo.

Modulo 5. O liderato.

Modulo 6. Conflictos e o seu manexo. Posta en marcha da técnica de «panel» para o seu posterior estudio e elaboración de conclusións.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5013Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza24, 25, 26, 27 de

setembro e 1, 2,

3 de outubro

16.30-20.30 h

B) Persoal sanitario.

5. Técnicas e procedementos de enfermería en atención primaria.

-Nº de edicións: 3.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 30.

-Destinatarios: enfermeiras e matronas de atención primaria.

-Obxectivos: capacita-los profesionais para a definición de criterios de continuidade de coidados tanto no proceso de planificación como na aplicación das técnicas e procedementos de enfermería. Fomenta-la utilización dunha metodoloxía na implantación, seguimento e avaliación das técnicas, procedementos e procesos de coidados.

-Contidos: metodoloxía do traballo do enfermeiro en atención primaria. Protocolos de hipertensión, diabete, úlceras por presión, ostomías, dislipemias. Nutrición e dietética. Técnicas de taponamentos. Técnicas de vendaxes comprensivas e funcionais. Técnicas e procedemento da sondaxe vesical e nasogástrica. Protocolo de resucitación cardiopulmonar (básica e avanzada). Intoxicacións máis frecuentes en atención primaria: actuación de enfermería. Protocolo de rexistros en atención primaria. Planificación e modelo de coidados. Coordinación de coidados entre ámbolos dous niveis asistenciais.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5014Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector de Ferrol)20, 21, 22, 26, 27, 28, 29 de marzo16.30-20.30 h

5015Xerencia de Atención Primaria de Ourense17, 18, 19, 23, 24, 25, 26 de abril16.30-20.30 h

Lugar de realizaciónDatasHorario

5016Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela7, 8, 9, 10, 14, 15, 16 de maio16.30-20.30 h

6. Aspectos clínicos e psicosociais no coidado do ancián.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 35.

-Destinatarios: enfermeiras e traballadores sociais de atención primaria.

-Obxectivos: proporcionar coñecementos sobre as alteracións de saúde relacionadas coas persoas maiores. Facilita-los profesionais sistemas de traballo que lles axuden a aplica-lo coidado integral nas persoas maiores.

-Contidos: envellecer, consecuencias e evolución. A enfermidade nas persoas maiores. Avaliación mental, social e funcional. Atención ó ancián nos niveis asistenciais; organización, coordinación. Incontinencia urinaria no ancián. Repercusións sociais. Enfermidades incapacitantes no ancián. Repercusións psicosociais. Úlceras por presión. Anciáns de alto risco. A sexualidade na vellez. Trastorno psiquiátricos no ancián. Ansiedade ante a soidade e a morte.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5017Xerencia de Atención Primaria de Lugo20, 21, 22, 23, 26, 27, 28, 29, 30 de marzo16.30-20.30 h

7. Coidados integrais na atención domiciliaria.

-Nº de edicións: 4.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: enfermeiras e matronas.

-Obxectivos: fomenta-la importancia e repercusión do traballo en equipo nos coidados a domicilio. Facilita-los coñecementos para utilizar unha metodoloxía e estratexia no desenvolvemento dos programas de atención a domicilio.

-Contidos: bases conceptuais e metodolóxicas da atención. O papel do equipo multidisciplinar nos coidados a domicilio. Criterios metodolóxicos esenciais no desenvolvemento da atención domiciliaria. Organización loxística da atención domiciliaria. O proceso de coidados a domicilio: estandarización, individualización. Criterios e metodoloxía para o seguimento e avaliación dos coidados a domicilio.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5018Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (sector de Vigo)2, 3, 4, 5, 6 de abril16.30-20.30 h

5019Xerencia de Atención Primaria de Lugo4, 5, 6, 7, 8 de xuño16.30-20.30 h

Lugar de realizaciónDatasHorario

5020Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector de Ferrol)11, 12, 13, 14, 15 de xuño16.30-20.30 h

5021Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector da Coruña)24, 25, 26, 27, 28 de setembro16.30-20.30 h

8. Metodoloxía para a implantación dos programas de calidade de coidados.

-Nº de edicións: 4.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 25.

-Destinatarios: enfermeiras, matronas e auxiliares de enfermería de atención primaria e especializada.

-Obxectivos: promove-la posta en marcha dos programas de calidade de coidados. Capacita-los profesionais para a implantación e desenvolvemento dos programas de calidade. Facilita-los profesionais os coñecementos para definir criterios de seguimento e avaliación dos programas de calidade.

-Contidos: concepto e definición da calidade. Definición de procesos. Implantación de programas. Metodoloxía de avaliación da calidade. Identificación e priorización de problemas. Análise, estructura e proceso de control de calidade. Monitorización de datos. Avaliación de resultados.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5022Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela26, 27, 28, 29, 30 de marzo16-21 h

5023Complexo Hospitalario Xeral-Cíes2, 3, 4, 5, 6 de abril16-21 h

5024Complexo Hospitalario de Pontevedra23, 24, 25, 26, 27 de abril16-21 h

5025Hospital Nicolás Peña7, 8, 9, 10, 11 de maio16-21 h

9. Metodoloxía dos coidados obstétrico-xinecolóxicos.

Nº de edicións: 1.

Nº de prazas: 30.

Nº de horas por edición: 30.

Destinatarios: enfermeiras especialistas en obstetricia e xinecoloxía (matronas) de atención primaria e especializada.

-Obxectivos: impulsa-la coordinación e continuidade de coidados obstétrico-xinecolóxicos entre os profesionais de ámbolos dous niveis asistenciais.

-Contidos: a planificación de coidados obstétrico-xinecolóxicos. Rexistros e protocolos de actuación. Teorías e modelos de coidados. Educación para a saúde na muller. Coidados e autocoidados da muller xestante. Educación maternal, métodos. A lactación. Coidados do acabado de nacer.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5026Complexo Hospitalario de Ourense2, 3, 4, 7, 8, 9, 10 de maio16.30-20.30 h

10. Calidade asistencial.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 10.

-Destinatarios: persoal sanitario do Sergas.

-Obxectivos: actualización do coñecemento e da metodoloxía de xestión da calidade no Sergas. Mellora-las habilidades de xestión dos procesos de calidade nos diversos centros de atención primaria e de atención especializada no Sergas. Práctica simulada da metodoloxía de xestión na calidade no Sergas.

-Contidos: os modelos de xestión da calidade (ISO, modelo europeo de xestión da excelencia, etc). O modelo de autoavaliación. O modelo europeo de excelencia empresarial.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5027Complexo Hospitalario Xeral-Calde27, 28, 29 de marzo16.30-19.30 h

5028Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos3, 4, 5 de abril16.30-19.30 h

11. Interpretación de probas diagnósticas de laboratorio.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 30.

-Destinatarios: persoal facultativo especialista de atención especializada.

-Obxectivos: coñece-la interpretación das probas analíticas de laboratorio, límites e indicacións, e poñer en marcha protocolos diagnósticos estructurados que permitan o uso racional das probas diagnósticas.

-Contidos: marcadores tumorais. Inmunoloxía. Seroloxía. Técnicas de proteínas. Bioloxía molecular. Hormonoloxía e probas funcionais. Microbioloxía e parasitoloxía. Bioquímica xeral e niveis de fármacos. Patróns e perfís diagnósticos.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5029Complexo Hospitalario Xeral-Calde2, 3, 4, 7, 8, 9, 10 de maio16.30-20.30 h

12. Actualización en TAC.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal facultativo de atención especializada.

-Obxectivos: actualiza-los coñecementos sobre interpretación de imaxes por TAC para o seu emprego na práctica médica, así como as indicacións e limitacións diagnósticas do TAC nas diferentes rexións anatómicas a explorar.

-Contidos: TAC de cranio. TAC de senos, órtibas e cadeira turca. TAC de colo e Cavum. TAC de abdome e pelve. TAC de columna. TAC de extremidades. TAC de urxencias.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5030Complexo Hospitalario Xeral-Cíes23, 24, 25, 26, 27 de abril16.30-20.30 h

5031Hospital Comarcal de Valdeorras5, 6, 7, 8, 9 de novembro16.30-20.30 h

13. Terapéutica antibiótica hospitalaria.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal facultativo especialista de atención especializada.

-Obxectivos: introduci-los alumnos no manexo racional de antibióticos no ámbito hospitalario e coñece-los diversos protocolos existentes. Adquiri-los coñecementos teóricos necesarios e relacionalos coas diferentes patoloxías infecciosas.

-Contidos: introducción á microbioloxía. Introducción á farmacoloxía. Principais grupos de antibióticos. Asociacións e sinerxías. Manexo do antibiograma. Antibióticos en patoloxías específicas. Profilaxe antibiótica. Pautas hospitalarias.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5032Hospital da Costa (Burela)2, 3, 4, 5, 6 de abril16.30-20.30 h

14. Atención á muller no climaterio en atención primaria.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: médicos, persoal de enfermería e matronas de atención primaria.

-Obxectivos: axuda-los profesionais sanitarios e, a través deles, as usuarias, a selecciona-las opcións diagnósticas e terapéuticas máis axeitadas neste tema, baseándose na evidencia científica existente ata o momento.

-Contidos:

1. Introducción.

2. Definicións.

3. Descrición dos fenómenos clínico-biolóxicos utilizados para a caracterización do estado biolóxico da menopausa: uso axeitado.

-Diagnóstico da menopausa.

-Osteoporose e densiometría ósea.

4. Intervencións preventivo-terapéuticas: beneficios e riscos.

-Medidas xerais.

-Terapia hormonal substitutiva.

-Outros tratamentos.

5. Actuación en grupos potencialmente beneficiarios de intervencións terapéuticas.

-Mulleres con síntomas climatéricos moderados ou graves.

-Mulleres con histerectomía.

-Mulleres con menopausa precoz.

-Mulleres con cardiopatía isquémica.

-Mulleres con osteoporose.

-Mulleres con risco de cáncer de endometrio.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5033Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela2, 3, 4, 5, 6 de abril16.30-20.30 h

5034Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector da Coruña)23, 24, 25, 26, 27 de abril16.30-20.30 h

15. Protección de datos persoais no ámbito sanitario.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 14.

-Destinatarios: médicos e enfermeiros de atención primaria e especializada.

-Obxectivos: proporciona-lo coñecemento da normativa de protección de datos de carácter persoal e a súa posta en práctica no que respecta ó ámbito sanitario.

-Contidos:

Módulo I. Estudio dos aspectos máis relevantes da nova Lei de protección de datos.

Módulo II. Problemas legais asociados ó tratamento informático da historia clínica: a responsabilidade médica no tratamento de datos.

Módulo III. Especial referencia á historia clínica laboral. Recoñecementos médicos laborais. Confidencialidade dos datos sanitarios dos traballadores.

Módulo IV. Problemas legais que establece a aplicación das novas tecnoloxías da información ós datos persoais da historia clínica.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5035Hospital Comarcal de Monforte de Lemos24, 25, 26 de abril16.30-21 h

16. Coidados paliativos e acompañamento a procesos terminais.

-Nº de edicións: 3.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 35.

-Destinatarios: persoal de atención primaria e especializada dedicado ó coidado de pacientes terminais.

-Obxectivos: fomenta-lo uso da comunicación como arma terapéutica e dotar de coñecementos e habilidades que permitan prestar unha atención integral ó paciente terminal.

-Contidos:

Modulo I. Principios dos coidados paliativos.

Xeneralidades. Aspectos psicosociais da morte.

Modulo II. Tratamento de síntomas, dor e outros.

Síntomas neurosicolóxicos, dixestivos, respiratorios e tratamentos. Dor. Dor difícil. Tipos de analxesia. Tratamento con opioides. Coidados da pel. Mucosas. Eliminación. Alimentación.

Modulo III. A comunicación. Información e outros dereitos do paciente.

¿Como informar? Malas noticias. Manexo da negación. Dereito á información, á verdade e a unha morte digna.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5036Hospital Comarcal de Valdeorras26, 27, 28, 29, 30 de marzo10-14 e

16.30-19.30 h

5037Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela1, 4, 5, 6, 7 de xuño10-14 e

16.30-19.30 h

5038Complexo Hospitalario Xeral-Cíes24, 25, 26, 27, 28 de setembro10-14 e

16.30-19.30 h

17. Responsabilidades legais en profesionais de enfermería.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal de enfermería.

-Obxectivos: tomar conciencia da existencia de leis a transgresión das cales poida ocasionar situacións de responsabilidade. Incorporar á súa bagaxe científica un sentido común xurídico.

-Contidos: formulación do problema. Clases de responsabilidade: civil, penal, disciplinaria e deontolóxica. A responsabilidade civil e as súas clases. Tarefas propias. Tarefas delegadas. Consecuencias civís e penais da mala praxe.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5039Hospital do Meixoeiro23, 24, 25 de abril10-14 e 16.30-19.30 h

18. Planificación de coidados na área xeriátrica.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal de enfermería de atención especializada.

-Obxectivos: adquiri-los coñecementos, actitudes e habilidades necesarias para poder normaliza-la atención de enfermería mediante a elaboración de plans de coidados estandarizados, axustados á súa práctica asistencial habitual.

-Contidos:

Módulo I. Diagnóstico de enfermería.

Diagnóstico e diagnóstico de enfermería. Definición. Marco teórico de referencia como guía dos coidados e como base para a identificación de problemas sobre diagnósticos de enfermería. Identificación de problemas: reais, potenciais e posibles no cliente. O diagnóstico de enfermería: proceso e estructura. Sistema de formulación. Diferentes sistemas de clasificación dos diagnósticos de enfermería.

Módulo II. Metodoloxía de coidados.

Plans de coidados. Concepto e tipos. Os coidados de enfermería como proceso individualizado, sistemático e dinámico. Características e etapas. Planificación de coidados: os plans de coidados como resultado da aplicación do P.A.E. Soporte documental necesario para a aplicación do método. Proceso de recollida de información. A historia de enfermería como base de datos para elabora-lo P.C. Contido do plan de coidados: listaxe de problemas e criterios de priorización, obxectivos do cliente e accións de enfermería. A retroalimentación e avaliación do plan de coidados. Continuidade do proceso. P.C.S. Concepto. Contido. Vantaxes e inconvenientes.

Módulo III. P.C.S área xeriátrica.

Procesos asistenciais. Métodos de selección de procesos. Identificación de problemas: tipos e formulación. Elaboración do plan de coidados: ciclo operativo (obxectivos, intervencións e avaliación). Individualización dos plans de coidados estandarizados.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5040Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela24, 25, 26 de setembro10-14 e 16.30-19.30 h

5041Hospital da Costa (Burela)1, 2, 3 de outubro10-14 e 16.30-19.30 h

19. Psicoxeriatría.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: auxiliares de enfermería relacionados co coidado de anciáns.

-Obxectivos: enumera-las principais características da vellez e da enfermidade mental. Clasifica-las enfermidades mentais no ancián. Describi-lo cadro clínico

da enfermidade de Alzheimer. Distingui-la enfermidade de Alzheimer de patoloxías vasculares. Enumera-las principais características de cada fase da enfermidade de Alzheimer. Intervir fronte ás alteracións cognitivas, sensoriais, emocionais e conductuais do enfermo de Alzheimer, aplicando os coidados auxiliares adecuados en cada caso. Manexar situacións difíciles con enfermos de Alzheimer. Forma-la familia e coordinarse con ela para unha mellor atención ó enfermo de Alzheimer. Manexar situacións na relación coa familia do enfermo. Enumera-los aspectos legais máis importantes asociados á enfermidade de Alzheimer e outras demencias.

-Contidos: introducción á vellez. Introducción á enfermidade mental. Clasificación das demencias. A enfermidade de Alzheimer. Concepto. Evolución. Cadro clínico. Alteracións cognitivas. Alteracións sensoriais. Alteracións emocionais. Empatía e intervención. Coordinación coa familia e a súa formación. Manexo de situacións coa familia. Aspectos legais da enfermidade de Alzheimer. Alteracións conductuais. Manexo de situacións.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5042Hospital do Meixoeiro26, 27, 28 de marzo10-14 e 16.30-19.30 h

20. Enfermería clínica e relación de axuda.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 160.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º Enfermeiras e matronas de unidades de hospitalización. 2º Outras enfermeiras de atención especializada.

-Obxectivos: establecer criterios claros respecto á natureza das prestacións de enfermería. Clarifica-lo rol profesional a partir de coñecementos científicos avanzados. Determinar e defini-los campos de acción na práctica profesional. Defini-los ámbitos e niveis específicos da práctica da profesión, tendo en conta os aspectos económicos, sociais e sanitarios. Potenciar procesos de desenvolvemento persoal e profesional conducentes a desempeñar un rol profesional máis adaptado ás necesidades dos sistemas de saúde. Capacita-lo profesional de enfermería, mediante a relación de axuda, a adquirir consciencia do valor que ten a reducción do gasto nas prestacións de enfermería, diminuí-los custos e aumenta-la eficiencia dos equipos. Capacita-lo profesional de enfermería para o desenvolvemento de estándares na mellora da calidade nas prestacións de enfermería.

-Contidos:

Módulo I. Sociedade, cultura e educación. Sistemas de saúde. Sistemas de persoal de saúde. Incidencia nas prestacións de saúde, de enfermería e na saúde da poboación.

Módulo II. Xénese e natureza da profesión de enfermería. As prestacións de enfermería e o seu impacto

na práctica dentro do sistema de saúde e do equipo pluridisciplinar. A enfermería como unha profesión de axuda dinámica e cualitativa con incidencia directa na reducción do gasto nas prestacións de saúde e mellora da calidade nas prestacións globais de saúde.

Módulo III. Comprensión da natureza do ser humano como núcleo e obxecto de atención nas prestacións de enfermería. A educación, a cultura, a sociedade, o medio e o hábitat como factores de alta incidencia na saúde, desenvolvemento e benestar da persoa. Indicadores de saúde. Capacidades clave para o desenvolvemento de potencialidades para a saúde, a vida e o benestar.

Módulo IV. A relación de axuda, peza clave nas prestacións de enfermería. Acompañamento e axuda nas prestacións de enfermería. Natureza da relación de axuda. Profesións de relación de axuda. Modelos de relación de axuda. Presentación do modelo de aproximación terapéutica dentro da liña de pensamento humanista inserido na corrente holística para a saúde. Enfoque actitudinal, cognitivo e metodolóxico na práctica profesional. Desenvolvemento humano e aprendizaxe para os mecanismos de supervivencia. Posición de alto risco e morte prematura, posición neutra, posición creativa e de autorrealización. A relación de axuda como medio de acompañamento e soporte nos procesos de toma de conciencia, cambios de estilos de vida, crecemento e autorrealización persoal e profesional. A especificidade da relación de axuda en enfermería. Obxectivos, límites e diferencias con outras profesións de relación de axuda.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5043Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza28, 29 de marzo, 25, 26, 27 de abril, 22, 23, 24 de maio, 12, 13, 14 de xuño, 25, 26, 27 de setembro, 16, 17, 18 de outubro, 6, 7, 8, de novembro9.30-13 e 14.15-18.45 h

21. Actualización de coñecementos e orientación do rol profesional para auxiliares de enfermería.

-Nº de edicións: 4.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 35.

-Destinatarios: auxiliares de enfermería de atención especializada.

-Obxectivos: establecer criterios claros respecto ó rol e función do auxiliar de enfermería dentro do equipo de saúde. Humaniza-las relacións interpersoais, favorecendo o crecemento e o desenvolvemento persoal. Detectar e conectar coas áreas que proporcionan motivación e satisfacción na práctica específica desenvolta polo auxiliar de enfermería. Desenvolve-las capacidades clave do auxiliar de enfermería.

-Contidos:

Módulo I. Clarificación do rol e función do auxiliar de enfermería.

Módulo II. O coñecemento dun mesmo e a dinámica de interrelación con outras persoas.

Módulo III. Motivación e necesidades humanas. A conducta humana no seo do equipo de saúde. Cobertura de necesidades a través da conducta.

Módulo IV. Capacidades clave do auxiliar de enfermería (contacto humano e relación, tecnoloxía e seguridade, calidade no contacto físico, comportamentos éticos, resolución de problemas).

Lugar de realizaciónDatasHorario

5044Hospital Comarcal de Monforte de Lemos21, 22, 23, 24 de maio9.30-13 e

14.15-18.45 h

5045Hospital da Costa (Burela)29, 30, 31 de maio e 1 de xuño9.30-13 e

14.15-18.45 h

5046Hospital Comarcal de Valdeorras4, 5, 6, 7 de xuño9.30-13 e

14.15-18.45 h

5047Complexo Hospitalario Xeral-Cíes11, 12, 13, 14 de xuño9.30-13 e

14.15-18.45 h

22. A Xestión da dor.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 24.

-Destinatarios: médicos, enfermeiros, fisioterapeutas e profesionais de atención primaria e especializada relacionados co soporte e/ou tratamento de persoas con dor.

-Obxectivos: analiza-las ideas e actitudes existentes en diferentes culturas sobre a dor. Identificar e analiza-las propias crenzas e actitudes respecto á dor e cómo estas actúan a nivel do comportamento. Analiza-la natureza da dor. Percibi-la importancia dun enfoque global na atención ó persoal que experimenta dor. Desenvolver habilidades na aplicación de procedementos ou técnicas non invasoras de abordaxe da dor. Actualizar coñecementos respecto ó tratamento farmacolóxico da dor. Desenvolver habilidades no manexo da relación de axuda co persoal que experimenta dor e a súa familia. Comprende-la fisioloxía da dor. Comprende-las diferentes teorías sobre a dor e a súa influencia en canto á abordaxe do tratamento da dor. Identificar e analiza-las diferencias existentes entre analxesia e sedación. Desenvolver habilidades na aplicación de instrumentos para elaboración da dor. Actualizar coñecementos respecto á dor en nenos, adultos, anciáns e persoas con patoloxías como o cancro, SIDA,

toxicomanía, etc.

-Contidos: 1. A dor: definicións e clasificacións, fisioloxía da dor (diferentes teorías), neuroquímica funcional da dor. 2. Implicacións da dor na saúde e a vida do ser humano: a natureza da dor; a dor como sinal de alarma; influencia dos pensamentos, sentimentos e comportamentos na resposta da dor; a dor nas diferentes culturas. 3. Instrumentos de medida para a valoración da dor. 4. Aproximación á tecnoloxía da abordaxe da dor: revisión farmacolóxica,

manexo práctico dos analxésicos, sistemas implantables no tratamento da dor, métodos físicos, concepto de analxésico, anestesia e reanimación. 5. A persoa con dor. Mobilización de recursos para afrontar e integra-la experiencia. 6. A dor na infancia, na terceira idade e en determinados procesos patolóxicos.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5048Hospital do Meixoeiro3, 4, 5, de abril9.30-13 e

14.15-18.45 h

23. Habilidades sociais para a calidade na atención ó paciente.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 25.

-Destinatarios: enfermeiras e auxiliares de enfermería de atención primaria e especializada.

-Obxectivos: reflexionar sobre o desempeño das súas tarefas e mellora-la imaxe da institución que dá un servicio ó paciente, así como analizar quen é o usuario. Conseguir dos asistentes unha forma de comportamento máis competente e adecuada, evitando calquera conducta agresiva. Instaurar destrezas comunicativas e de relación co usuario interno e externo, mellorando as relacións a tódolos niveis. Adestrar en habilidades sociais para favorece-lo desenvolvemento de patróns máis eficaces, nun contorno de saúde e enfermidade. Mellora-la atención e a comunicación co paciente para conseguir unha diminución da tensión e ansiedade. Conseguir unha maior colaboración e obediencia ás prescricións terapéuticas co paciente.

-Contidos:

Módulo I. A empresa orientada cara ó usuario, paciente. Actitudes necesarias na atención do paciente. A calidade de atención ó paciente: como mellorala.

Módulo II. A comunicación: aspectos profesionais, laborais e sociais.

Módulo III. Asertividade.

Módulo IV. Comunicación co paciente: principios fundamentais. Influencia do grupo social, familiar, nas conductas de saúde ou enfermidade.

Módulo V. Control do enfado e manexo de situacións conflictivas.

Módulo VI. Definición de estrés, teorías. Avaliación. Causas de estrés en enfermería. Principais efectos do estrés laboral sobre o profesional de enfermería. Emocións máis importantes asociadas ás causas do estrés. Intervención e manexo do estrés: o modelo de competencia. Métodos para a reducción da ansiedade; o estrés e as súas aplicacións na práctica de enfermería.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5049Complexo Hospitalario Xeral-Calde4, 5, 6, 7, 8 de xuño16-21 h

24. Taller de exploración neurolóxica.

-Nº de edicións: 3.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 5.

-Destinatarios: médicos de atención primaria.

-Obxectivos: revisión teórico-práctica da exploración neurolóxica básica e a súa significación clínica.

-Contidos:

Exame das funcións mentais: afasias, apraxias, agnosias. Mención especial ós test de función mental no diagnóstico da demencia.

Exame dos pares craneais.

Exame da función motora: gradación da forza, movementos anormais, síndromes típicas das lesións cerebrais, medulares, radiculares, nervios periféricos, placa motora e músculo.

Exame da sensibilidade: diferentes patróns sensitivos dependendo do nivel lesional: cortical, medular, radicular, neuropático e simulación.

Exame dos reflexos: reflexos osteotendinos, cutaneoabdominales, plantares e de liberación (liña media)

Exame da función cerebelosa: concepto de disimetría, asinerxia, incoordinación, disdiadococinesia e probas de Romberg e tándem.

Exame da marcha: diferentes tipos de marchas patolóxicas.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5050Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector de Ferrol)19 de abril16-21 h

5051Xerencia de Atención Primaria de Lugo23 de abril16-21 h

5052Xerencia de Atención Primaria de Ourense3 de maio16-21 h

25. Taller de exploración oftalmolóxica básica.

-Nº de edicións: 3.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 15.

-Destinatarios: médicos de atención primaria.

-Obxectivos: capacitación do médico de atención primaria na exploración oftalmolóxica básica, fundamentalmente no fondo do ollo, facendo fincapé nas patoloxías de grande prevalencia como son a HTA e a diabete.

-Contidos:

* Exploración básica en oftalmoloxía: segmento anterior.

* Métodos de exploración en consulta:

-Técnicas de inspección ocular:

Exploración conxuntiva e córnea.

Eversión palpebral.

Observación tincións.

* Semioloxía en patoloxía máis frecuente do segmento anterior do ollo.

* Manexo de urxencias frecuentes do segmento anterior do ollo.

* Postoperatorio de técnicas cirúrxicas frecuentes: catarata, glaucoma, cirurxía refractiva.

* Exploración oftalmolóxica do segmento anterior.

* Métodos de exploración en consulta.

-Oftalmoscopia imaxe recta.

-Exploración binocular do fondo de ollo.

-Métodos especiais:

Retinografía.

Anxiofluoresceingrafía.

Ecografía ocular.

-Manexo do oftalmoscopio.

-Patoloxía da retina:

Manifestacións oftalmolóxicas da diabete.

O fondo de ollo do paciente diabético.

Evolución das alteracións retinianas na diabete.

Manifestacións oftalmolóxicas da hipertensión arterial: alteracións oftalmoscópicas.

Patoloxía do nervio óptico.

Desprendemento da retina.

Presentación de vídeos en tratamento cirúrxico da retina.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5053Xerencia de Atención Primaria de Lugo21, 22, 23, 24 de maio16.30-20.30 h

5054Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector de Ferrol)28, 29, 30, 31 de maio16.30-20.30 h

5055Xerencia de Atención Primaria de Ourense4, 5, 6, 7 de xuño16.30-20.30 h

26. Metodoloxía de traballo en equipo en atención primaria.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 24.

-Destinatarios: persoal de unidades ou servicios de atención primaria.

-Obxectivos: adquirir e mellora-la metodoloxía do traballo en equipo, onde o grupo recibe a formación suficiente para obter resultados concretos, ó mesmo tempo que determina aqueles plans de acción que guían as actividades diarias cara á mellora continua. Mellorar e incrementa-la coordinación e responsabilización no logro de obxectivos. Asegura-lo proceso da mellora continua, dedicando os esforzos ó prio

ritario, para mellora-los niveis de calidade, servicio e custo.

-Contidos:

Avaliación inicial: ¿que queremos aprender?

Conceptos básicos: grupo, equipo, sistema.

Estratexias do traballo en equipo. Dirixir. Liderato. Tipos.

A comunicación: tipos, problemas.

A motivación dos equipos de traballo.

Xestión da participación.

As reunións.

Os conflictos e resolución.

O cambio: as resistencias.

Mellora continua da calidade. Dimensións. A DpO. Avaliación final: ¿que aprendemos?

Lugar de realizaciónDatasHorario

5056Xerencia de Atención Primaria de Ourense24, 25, 26, 27 de setembro e 1, 2 de outubro16.30-20.30 h

27. A responsabilidade dos profesionais sanitarios.

-Nº de edicións: 4.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal sanitario de atención primaria e especializada.

-Obxectivos: informa-los profesionais sanitarios sobre as principais cuestións polémicas coas que se poden atopar no desenvolvemento da súa profesión e que poden dar lugar a unha reclamación de responsabilidade patrimonial, así como cál debe se-la súa actuación no caso de que esta se produza.

Contidos: responsabilidade civil e penal dos profesionais sanitarios. As reclamacións de responsabilidade patrimonial. O necesario nexo de causalidade. As novas tecnoloxías e a súa aplicación na área sanitaria. A historia clínica: deseño, tratamento informático e confidencialidade dos datos recollidos nela. O consentimento informado: alcance do dereito do enfermo a recibir información. Os protocolos de actuación médica: deseño e contido.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5057Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza2, 3, 4, 5, 6 de abril16.30-20.30 h

5058Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos23, 24, 25, 26, 27 de abril16.30-20.30 h

5059Complexo Hospitalario de Pontevedra28, 29, 30, 31 de maio e 1 de xuño16.30-20.30 h

5060Hospital Comarcal de Monforte de Lemos15, 16, 17, 18, 19 de outubro16.30-20.30 h

28. A xestión do estrés no proceso de coidados.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 25.

-Destinatarios: 1º Enfermeiras, matronas e auxiliares de enfermería das unidades de hospitalización de atención especializada. 2º Enfermeiras, matronas e auxiliares de enfermería de atención primaria.

-Obxectivos: proporcionar coñecementos e habilidades para xestiona-las causas que poden conducir ó estrés no proceso de coidar.

-Contidos: significado e consecuencia do estrés. Definición e clasificación. Estrés e conflicto. Efecto: temor, medo e frustración. O estrés como situación e reacción a curto e longo prazo. Medios para combate-lo estrés endóxeno e esóxeno. Plan de xestión de estrés.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5061Complexo Hospitalario de Ourense2, 3, 4, 5, 6 de abril9.30-13 e

14.15-18.45 h

29. A planificación dos coidados e as técnicas, seguimento e avaliación.

-Nº de edicións: 3.

-Nº de prazas: 35.

-Nª de horas por edición: 30.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º Enfermeiras e matronas de unidades de hospitalización de atención especializada e enfermeiras e matronas de atención primaria. 2º Enfermeiras e matronas de ámbolos dous niveis asistenciais.

-Obxectivos: mellora-las habilidades para a aplicación dunha metodoloxía científica no proceso integral dos coidados de enfermería.

-Contidos: teorías, tendencias e modelos conceptuais de enfermería en aplicación dos coidados. Estandarización dos coidados. Estructura da planificación dos coidados. Definición de problemas dependentes e interdependentes. Criterios de priorización. Técnicas de obtención de datos.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5062Complexo Hospitalario Xeral-Calde24, 25, 26, 27 de setembro10-14 e

16.30-20 h

5063Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos15, 16, 17, 18 de outubro10-14 e

16.30-20 h

5064Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela22, 23, 24, 25 de outubro10-14 e

16.30-20 h

30. Fundamentos de coidados para auxiliares de enfermería. Módulo primeiro de iniciación.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 35.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º Auxiliares de enfermería que prestan servicios en unidades de hospitalización. 2º Outros auxiliares de enfermería de atención especializada. 3º Auxiliares de enfermería de atención primaria.

-Obxectivos: establecer criterios respecto ó papel e funcións do auxiliar de enfermería nun equipo de traballo.

Contidos:

Módulo I. Clarificación do rol e función do auxiliar de enfermería.

Módulo II. O coñecemento dun mesmo e a dinámica de interrelación con outras persoas.

Módulo III. Motivación e necesidades humanas. A conducta humana no equipo de saúde. Cobertura de necesidades a través da conducta.

Módulo IV. Capacidades claves do auxiliar de enfermería:

Contacto humano e relación

Tecnoloxía e seguridade.

Calidade no contacto físico.

Comportamentos éticos.

Resolución de problemas.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5065Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela23, 24, 25, 26 de abril9.30-13 e

14.15-18.45 h

5066Complexo Hospitalario Xeral-Calde7, 8, 9, 10 de maio9.30-13 e

14.15-18.45 h

31. Radioloxía de urxencias.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: técnicos especialistas en radiodiagnóstico.

-Obxectivos: ampliar coñecementos en relación coas diferentes técnicas radiolóxicas urxentes.

-Contidos: introducción á radioloxía. Tipo de pacientes urxentes e diferentes técnicas que se aplican. Mobilización de pacientes para exploración radiolóxica urxente. Coñecementos sobre R.C.P. básica. Actuación ante unha situación urxente.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5067Complexo Hospitalario Xeral-Cíes7, 8, 9, 10, 11 de maio16.30-20.30 h

5068Hospital do Meixoeiro21, 22, 23, 24, 25 de maio16.30-20.30 h

32. Laboratorio clínico: metodoloxía organizativa.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 30.

-Destinatarios: técnicos especialistas de laboratorio.

-Obxectivos: actualización e ampliación de coñecementos en relación coas diferentes técnicas que se realizan en laboratorios clínicos.

-Contidos: organización do laboratorio. Recepción, manipulación e conservación de mostras, circuítos de mantemento do material. Técnicas automatizadas e manuais. Controis de calidade. Microscopio: manexo de coidados. Técnicas hematolóxicas.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5069Complexo Hospitalario de Pontevedra2, 3, 4, 7, 8, 9, 10 de maio16.30-20.30 h

33. Dietética e nutrición na saúde e na enfermidade.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 36.

-Destinatarios: enfermeiras/os.

-Obxectivos: proporcionar coñecementos básicos en nutrición e alimentación e afondar nos coidados alimentarios en relación con distintas patoloxías.

-Contidos:

Alimentación e nutrición: conceptos. Macro e micronutrientes: clasificación. Funcións. Necesidades nutritivas e achegas recomendadas en enerxía e nutrientes.

Composición dos alimentos. Grupos de alimentos. Fibra dietética. Substancias non nutritivas e antinutritivas contidas nos alimentos. Antioxidantes. Hixiene alimentaria. Conservación dos alimentos. Aditivos. Confección dunha dieta.

Nutrición na saúde: alimentación nas diferentes etapas da vida: a muller xestante, a nai lactante, o neonato, lactante, preescolar, escolar adolescente, adulto, ancián. Alimentación alternativa. Dietas vexetarianas.

Nutrición na enfermidade: nutrición parenteral: requirimentos e substratos nutritivos. Vías de abordaxe. Solucións para a nutrición parenteral. O paciente con síndrome de intestino curto. Coidados de enfermería.

Nutrición na enfermidade: os trastornos do comportamento alimentario: anorexia nerviosa. Bulimia nerviosa. A dieta na enfermidade inflamatoria intestinal e na insuficiencia hepática. Coidados de enfermería.

Nutrición na enfermidade: tratamento dietético do paciente diabético. Tratamento dietético do paciente con insuficiencia renal e con hiperuricemia. A nutrición no paciente inmunodeprimido. Coidados de enfermería.

Nutrición na enfermidade: o tratamento dietético nas alteracións gastrointestinais no neno: diarrea aguda. Diarrea crónica. Enfermidade celíaca. Fibrose quística. Coidados de enfermería.

Nutrición na enfermidade: valoración do estado nutricional. O tratamento dietético na desnutrición, na obesidade, na enfermidade cardiovascular e nas hiperlipidemias. Atención de enfermería.

Nutrición na enfermidade: a nutrición enteral: fundamentos, vías, complicacións. Tipos de dietas para nutrición enteral. Coidados de enfermería.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5070Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector da Coruña)26, 27, 28, 29, 30 de marzo e 2, 3, 4, 5 de abril16.30-20.30 h

34. Elaboración e implantación de guías de práctica clínica.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 25

-Nº de horas por edición: 30

-Destinatarios: profesionais sanitarios con responsabilidade na organización do traballo asistencial.

-Obxectivos: proporciona-los coñecementos e habilidades que permitan ós alumnos a elaboración e/ou aplicación de guías de práctica clínica na mellora continua da calidade asistencial.

-Contidos:

1. Identificación de necesidades asistenciais.

2. Priorización de necesidades.

3. Metodoloxía de revisión sistemática da literatura.

4. Desenvolvemento de guías de práctica clínica.

5. Estratexias de implantación de guías. Cambios motivacionais.

6. Avaliación e mellora continua.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5071Complexo Hospitalario de Pontevedra1, 2, 3, 4, 5, 8, 9 de outubro16.30-20.30 h

5072Hospital do Meixoeiro15, 16, 17, 18, 22, 23, 24 de outubro16.30-20.30 h

35. Técnicas neuromusculares para o tratamento da síndrome da dor miofascial e puntos gatillo.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: fisioterapeutas.

-Obxectivos: aprender un método terapéutico eficaz ante a gran cantidade de problemas musculares resistentes a outro tipo de tratamentos.

-Contidos: introducción e concepto de síndrome miofascial. Características clínicas dos puntos gatillo musculares. Tratamento da síndrome miofascial mediante técnicas neuromusculares. Tratamentos complementarios.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5073Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela14, 15, 16 de xuño1º día (tarde)

2º día (mañá e tarde)

3º día (mañá)

36. Método Pold da terapia manual.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 50.

-Destinatarios: fisioterapeutas.

-Obxectivos: aprender a descubrir e provoca-lo movemento corrector axeitado e realiza-la técnica básica; así como as aplicacións das distintas partes da columna e o sistema articular periférico para logra-la liberación biomecánica oportuna e aprende-las aplicacións ás patoloxías máis habituais.

-Contidos: o método Pold da terapia manual é unha nova técnica, coa que se logra unha micromanipulación muscular tediosa e articular, tanto nos planos superficiais como nos profundos. O seu principal obxectivo é provocar un efecto local e reflexo que relaxa e inhibe a tensión dos tecidos activos, devolvendo ás articulacións o movemento biomecánico funcional correcto. Esta técnica demostrou durante anos unha maior eficacia sobre as patoloxías e lesións de columna cós métodos habituais, principalmente nas hernias discais, ciáticas e cervicalxias con irradiación. A súa aplicación previa á manipulación osteopática é definitiva, provocando en moitos casos a liberación de forma espontánea e, incluso, dunha aplicación máis ampla, dado que non posúe contraindicacións.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5074Complexo Hospitalario de Ourense4, 5, 6, 7, 11, 12 de xuño9-13 e 16-20 h

37. Hospitalización a domicilio (HADO).

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal facultativo e persoal de enfermería.

-Obxectivos: dar a coñecer a planificación e carteira de servicios dun Servicio de HADO. Protocolización dos procesos HADO. Coñece-las necesidades estructurais e funcionais dun servicio HADO.

-Contidos: planificación dun servicio HADO. Actividades dun servicio HADO. Estándares e indicadores dun servicio HADO.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5075Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos4, 5, 6, 7, 8 de xuño16.30-20.30 h

38. Recuperación funcional do paciente hemipléxico.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: fisioterapeutas.

Obxectivos: adquirir coñecementos, fundamentalmente prácticos, co fin de facilita-la recuperación funcional do paciente hemipléxico.

-Contidos: avaliación dos patróns motores. Técnicas de tratamento nas diferentes etapas da evolución do paciente: etapa fláccida, inhibición da espasticidade. Ombro dorido. Adestramento para a marcha.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5076Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos8, 9, 10 de novembro1º día (tarde)

2º día (mañá e tarde)

3º día (mañá)

39. Reestructuración posicional xeral.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 25.

-Nº de horas por edición: 45.

-Destinatarios: fisioterapeutas.

-Obxectivos: coñecemento dos fundamentos teóricos e tratamentos aplicados ás disfuncións faciais.

-Contidos: sistema facial e as súas xeneralidades. Principios do tratamento mediante a R.P.X. Mecánica respiratoria e tratamento das distintas zonas mediante a técnica da R.P.X.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5077Complexo Hospitalario de Pontevedra18, 19, 25, 26 de abril e 2, 3 de maio9.30-14 e

16.30-18.30 h

40. Urxencias extrahospitalarias.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de horas por edición: 40.

-Destinatarios: médicos e enfermeiros de atención primaria.

-Obxectivos: practica-las manobras de atención ó paciente crítico.

-Contidos: o manexo do paciente crítico: as urxencias cardiopatolóxicas e pulmonares. A reanimación cardiopulmonar básica e avanzada. A atención ó paciente politraumatizado.

Lugar de realizaciónPrazasDatasHorario

5078Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (sector de Vigo)354, 5, 6, 7, 8, 11, 12, 13, 14, 15 de xuño16.30-20.30 h

5079Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (sector de Pontevedra)2518, 19, 20, 21, 22, 25, 26, 27, 28, 29 de xuño16.30-20.30 h

41. Intervención conductual en atención primaria.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de horas por edición: 40.

-Destinatarios: enfermeiras de atención primaria.

-Obxectivos: analiza-lo comportamento desde a metodoloxía do análise funcional de conducta. Practica-las habilidades para o abordaxe conductual do paciente.

-Contidos: o problema. Análise conductual. Resolución de problemas. Traballo con familias. Adestramento en habilidades. Relaxación. Exposición. Control de estímulos e reforzamento. Prescricións paradóxicas. Terapias cognitivas. Prácticas sobre distintos problemas de conducta: depresión. Fobias. Ansiedade. Disfuncións sexuais. Adhesión ó tratamento. Obesidade. Alcoholismo. Tabaquismo. Insomnio.

Lugar de realizaciónPrazasDatasHorario

5080Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (sector de Pontevedra)2521, 22, 23, 24, 25, 28, 29, 30, 31 de maio e 1 de xuño16.30-20.30 h

5081Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (sector de Vigo)3515, 16, 17, 18, 19, 22, 23, 24, 25, 26 de outubro16.30-20.30 h

42. Cirurxía torácica.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: cirurxiáns, ucistas, pneumólogos e persoal de enfermería de cirurxía torácica.

-Obxectivos: posta ó día no manexo do paciente cirúrxico torácico.

-Contidos: cirurxía de reducción de volumes. Transplante pulmonar. Cirurxía de cancro de pulmón. Cirurxía de metástases pulmonares. Coidados de enfermería no paciente cirúrxico pulmonar.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5082Complexo Hospitalario Xeral-Cíes21, 22, 23, 24, 25 de maio16.30-20.30 h

43. Trastornos asociados ó déficit ou exceso de iodo.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: médicos de atención primaria, endocrinólogos, medicina interna.

-Obxectivos: actualización de coñecementos.

-Contidos: bocio. Cancro de tiroides. Hipertiroidismo.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5083Complexo Hospitalario Xeral-Cíes4, 5, 6, 7, 8 de xuño16.30-20.30 h

44. Fundamentos de coidados para auxiliares de enfermería. Módulo segundo.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1º. Auxiliares de enfermería que prestan servicios en unidades de hospitalización. 2º. Outros auxiliares de enfermería de atención especializada. 3º. Auxiliares de enfermería de atención primaria.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5084Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos14, 15, 16 de maio9.30-13 e

14.30-17.30 h

45. Oncoloxía: principios e práctica clínica.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 10.

-Destinatarios: médicos de atención primaria e médicos de servicios de urxencias. Enfermeiras relacionadas coa oncoloxía.

-Obxectivos: adquisición de coñecementos básicos en bioloxía tumoral e carcinoxénese. Introducción ó tratamento multidisciplinar do cancro. Descrición práctica das urxencias en oncoloxía e do tratamento sintomático no paciente terminal con cancro.

-Contidos: ciclo celular, crecemento tumoral e diseminación metastásica. Oncoxenes. Patoxenia do cancro: factores xenéticos, ocupacionais e hábitos. Tratamento multidisciplinar: cirurxía oncolóxica; radioterapia; quimioterapia; hormonoterapia e inmunoterapia. Prevención primaria e secundaria do cancro. Urxencias en oncoloxía. Comprensión medular. Síndrome de comprensión de vea cava superior. Urxencias metabólicas. Tratamento sintomático e paciente terminal. Analxésicos e coadxuvantes. Escaleira analxésica da O.M.S. Procedementos invasores no manexo da dor.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5085Hospital do Meixoeiro6, 7 de xuño16-21 h

46. Perspectivas actuais en inmunidade.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal facultativo de atención primaria e especializada.

-Obxectivos: actualización de coñecementos sobre o funcionamento do sistema inmune. Aplicación dos ditos coñecementos ó manexo actual de patoloxías con base inmune en diversos campos da práctica médica.

-Contidos: panorámica actual do sistema inmune. Inmunopatoloxía básica. Novos aspectos da inmunoloxía do cancro. SIDA e reconstitución inmune. Autoinmunidade hepática. Vacinas. Artrite reumatoide: novos enfoques terapéuticos. Pel e sistema inmunitario. Esclerose múltiple: enfoque actual.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5086Hospital do Meixoeiro1, 2, 3, 4, 5 de outubro16.30-20.30 h

C) Persoal non sanitario.

47. Prevención de riscos laborais para persoal de lavandería.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 10.

-Destinatarios: persoal de lavandería.

-Obxectivos: formar en conceptos básicos e en lexislación de PRL. Sensibiliza-los traballadores en prevención de riscos. Divulga-la política preventiva do Sergas. Informar das actividades preventivas levadas a cabo no Sergas. Cumprir cos principios e obxectivos do PXPRL. Cumprir coa lexislación vixente en materia de formación a traballadores e delegados de prevención.

Contidos: conceptos básicos en prevención de riscos laborais. Sistema de xestión da prevención de riscos laborais. Lei 31/1995 de PRL, R.D. 39/1997 e lexislación aplicable ó Sergas. Plan xeral de prevención de riscos laborais do Sergas. Metodoloxía de avaliación de riscos no Sergas.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5087Hospital do Meixoeiro2, 3, 4 de maio16.30-19.30 h

48. Fundamentos de asistencia sanitaria para celadores.

-Nº de edicións: 6.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: celadores que presten os seus servicios en unidades asistenciais de enfermería.

-Obxectivos: mellora-las habilidades básicas de atención ó cliente nos seus aspectos de mantemento dun contorno seguro, mobilización e comunicación, así como a integración dentro dun equipo.

-Contidos:

* Módulo I. Coidados básicos.

-Necesidades de seguridade:

Contorno medio-ambiental (seguridade individual e do medio).

Traslados de pacientes, mostras, rexistros, etc.

-Necesidades de mobilización:

Recepción de pacientes. Situacións tipo: técnicas de mobilización adecuadas.

Como evitar riscos, lesións, etc. na actividade profesional: técnicas de manutención.

* Módulo II. A comunicación e a imaxe.

-A comunicación terapéutica. Habilidades básicas: escoita, empatía, emisión de mensaxes.

-A relación celador-paciente. Aspectos non verbais na comunicación. Actitudes ante o usuario.

-Módulo III. O equipo coidador.

-Compoñentes, dinámica e funcionamento do equipo coidador.

-Achega e integración dos diferentes membros.

-A responsabilidade do celador na calidade da asistencia.

-Actitudes cara á calidade.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5088Hospital Nicolás Peña26, 27, 28, 29, 30 de marzo16.30-20.30 h

5089Hospital do Meixoeiro2, 3, 4, 5, 6 de abril16.30-20.30 h

5090Hospital Comarcal de Valdeorras23, 24, 25, 26, 27 de abril16.30-20.30 h

5091Hospital Comarcal de Monforte de Lemos7, 8, 9, 10, 11 de maio16.30-20.30 h

5092Complexo Hospitalario de Pontevedra4, 5, 6, 7, 8 de xuño16.30-20.30 h

5093Hospital da Costa (Burela)15, 16, 17, 18, 19 de outubro16.30-20.30 h

49. Xestión de compras e aprovisionamento sanitario.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 36.

-Destinatarios: persoal de institucións sanitarias do Sergas que realiza ou vai realizar labores de xestión de compras, xestión de almacéns centrais ou periféricos, hostalería, servicios xerais e loxística xeral.

-Obxectivos: facilitar coñecementos relacionados co desempeño profesional nas áreas descritas, de forma que proporcionen a información integral e actualizada

para un eficiente traballo diario. Facilita-la adaptación do persoal do Sergas ós cambios derivados da modernización e introducción de tecnoloxías de información aplicables á área de xestión de compras e loxística sanitaria. Sensibilizar e conseguir actitudes positivas cara ás esixencias de calidade de servicios hoxe inherentes ás ditas áreas.

-Contidos: os productos sanitarios e o catálogo de productos do Sergas. O mercado nacional e europeo de productos sanitarios e a normativa que regula e garante a súa seguridade e calidade técnica. O marco normativo en que se desenvolven as compras das institucións sanitarias como compras públicas. O marco operativo para os usuarios que desempeñan estes labores nos centros e os procesos de modernización implantados no Sergas.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5094Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela2, 3, 7, 8, 9, 10, 14, 15, 16 de maio16.30-20.30 h

50. Obradoiro sobre a optimización da xestión, a través do desenvolvemento de equipos operativos de mellora.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: coordinadores, encargados, directores e mandos intermedios de áreas non asistenciais. En xeral, persoal que teña ó seu cargo un grupo de traballadores.

-Obxectivos: formar e dotalos equipos funcionais de técnicas e ferramentas para a implantación de equipos operativos de mellora.

-Contidos: análise e diagnóstico dos problemas operativos cotiáns. Análise e diagnóstico de valor-non valor. Metodoloxía de análise e diagnóstico dos procesos propios da súa área funcional. Ferramentas para a medición e posta en coñecemento das desviacións e/ou melloras na xestión dos recursos. Metodoloxía de funcionamento dun equipo de mellora. Implantación e seguimento de melloras.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5095Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector de Ferrol)4, 5, 6, 7, 8 de xuño16.30-20.30 h

51. Control e tratamento de residuos hospitalarios.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal da área de hospitalización que teña relación co tratamento, illamento e evacuación dos residuos hospitalarios.

-Obxectivos: coñece-la normativa vixente que se dá ó tratamento dos residuos hospitalarios en España. Analiza-lo trato dos residuos hospitalarios segundo os proxectos de diferentes países e comparalos cos españois.

-Contidos:

Módulo I. Introducción e obxectivos. Marco legal español. Marco legal europeo. Clasificación de residuos. Tipos de xestión.

Módulo II.

1. Proceso e tratamento.

2. Simplificación de procesos.

3. Proxectos de simplificación.

4. Alternativas de simplificación.

Módulo III.

1. Residuos urbanos.

2. Residuos hospitalarios.

3. Residuos radioactivos.

4. Clasificación de residuos hospitalarios.

Módulo IV.

1. Separación de residuos.

2. Tratamento de residuos.

3. Vertedoiros controlados.

4. Incineradoras.

Módulo V.

1. Esterilización.

2. Desinfección.

3. Radiación microondas.

4. Reciclaxe.

Módulo VII.

1. Accións preventivas.

2. Accións alternativas.

3. Accións formativas.

4. Seguimento e control.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5096Hospital Comarcal de Monforte de Lemos24, 25, 26, 27, 28 de setembro16.30-20.30 h

5097Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela15, 16, 17, 18, 19 de outubro16.30-20.30 h

52. Calidade na atención telefónica.

-Nº de edicións: 6.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 25.

-Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º Persoal non sanitario dos grupos C, D e E de atención primaria. 2º Persoal non sanitario dos grupos C, D e E de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º Persoal non sanitario dos grupos C, D e E de atención especializada. 2º Persoal non sanitario dos grupos C, D e E de atención primaria.

-Obxectivos: adquisición de novas habilidades profesionais. Dotar de ferramentas que aumenten a eficiencia laboral. Reflexionar sobre o desenvolvemento das súas tarefas e mellora-la imaxe da institución que dá un servicio ó paciente/usuario. Ofrecer unha imaxe adecuada do hospital a través dun medio directo (teléfono). Manexa-los recursos da linguaxe como unha ferramenta de traballo.

-Contidos:

-Módulo I. O servicio ó usuario/paciente.

Actitudes indispensables no tratamento ó paciente.

Calidade na atención ó paciente: cómo mellorala

Importancia do contorno hospitalario.

Importancia da calidade.

Imaxe de calidade.

A calidade afecta a tódolos niveis e todos a transmiten.

-Módulo II. O servicio de admisión e control.

O ingreso no hospital.

Humanización da asistencia.

-Módulo III. A atención telefónica: acollida e resolución de chamadas.

Introducción.

A comunicación telefónica: a escoita activa no desenvolvemento de chamadas.

Recepción de chamadas: técnicas para a correcta acollida de chamadas.

Emisión de chamadas: técnicas para mellora-la emisión.

As reclamacións.

-Módulo IV. A palabra e a voz.

Introducción.

A voz como recurso suxestivo.

Uso dos recursos expresivos.

O silencio.

-Módulo V. Os contestadores automáticos como imaxe de empresa.

Introducción.

Relación da acollida telefónica a través do contestador automático.

Cómo contestar a unha mensaxe recibida a través do contestador automático.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5098Complexo Hospitalario Xeral-Cíes2, 3, 7, 8, 9, 10 de maio16.30-20.30 h

5099Complexo Hospitalario de Ourense14, 15, 16, 21, 22, 23 de maio16.30-20.30 h

5100Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector de Ferrol)17, 18, 19, 20, 21, 24 de setembro16.30-20.30 h

5101Xerencia de Atención Primaria de Ourense9, 10, 11, 15, 16, 17 de outubro16.30-20.30 h

5102Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector da Coruña)22, 23, 24, 25, 26, 29 de outubro16.30-20.30 h

5103Complexo Hospitalario Xeral-Calde5, 6, 7, 8, 12, 13 de novembro16.30-20.30 h

53. Ergonomía. Mobilización e traslado de pacientes.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 20.

-Nº de horas por edición: 25.

-Destinatarios: por orde preferente: 1º. Celadores e auxiliares de clínica de atención especializada. 2º. Celadores e auxiliares de clínica de atención primaria.

-Obxectivos: coñece-las actitudes e conductas preventivas que debemos adoptar nas diferentes situacións de risco existentes no noso lugar de traballo. Analiza-los puntos fortes e débiles do noso servicio sanitario, concretamente na mobilidade, traslado e evacuación do enfermo/paciente, así como desenvolve-las melloras pertinentes nesta área. Saber cómo actuar ante as emerxencias colectivas e específicas e conciencia-lo alumno da realización dun traballo de calidade para actuar ante as emerxencias sanitarias.

-Contidos:

* Módulo I. Ergonomía.

-Ergonomía e antropometría.

-Factores ergonómicos e sociais: factores de proceso e factores sociais.

-Os factores de proceso:

A carga de traballo.

A carga psíquica ou mental.

A fatiga.

Insatisfacción laboral.

-O transporte manual de cargas no ámbito sanitario:

Sobreesforzos. Posturas.

-Os factores sociais: incumprimento de normas preventivas:

Formación. Disciplina.

-Simulacións prácticas.

* Módulo II. Traslado.

-Factores que inflúen na mobilidade.

-Consecuencias da inmobilidade.

-Áreas de presión. Valoración dos pacientes de risco.

-Úlceras de cúbito, etiopatoxenia e factores de risco.

-Prevención dos problemas relacionados coa inmobilidade.

-Posicións nos pacientes encamados e cambios posturais.

* Módulo III. Traslado dos enfermos/pacientes.

-Mecánica corporal. Regras xerais.

-Cintos de traslado.

-Procedementos de traslado, segundo tipoloxía de pacientes.

-Circuítos de traslado.

* Módulo IV. Evacuacións do enfermo-paciente.

-Avaliación do paciente, segundo a súa tipoloxía: válido e non válido.

-Tipos de situacións de emerxencia:

As emerxencias, un sistema integral.

Emerxencias colectivas.

O acceso ós centros.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5104Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela11, 12, 13, 14, 18, 19 de xuño16.30-20.30 h

5105Complexo Hospitalario de Pontevedra24, 25, 26, 27 de setembro e 1, 2 de outubro16.30-20.30 h

54. Superior de linguaxe administrativa galega.

-Nº de edicións: 6.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 30.

-Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º. Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención primaria. 2º. Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º. Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención especializada. 2º. Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención primaria.

-Condición indispensable: ter superado o curso básico de linguaxe administrativa.

-Obxectivos: afianzar e amplia-los coñecementos adquiridos no curso básico. Lograr unha mellora na comunicación cos usuarios das institucións sanitarias.

-Contidos: a redacción administrativa, con especial incidencia no estilo e na terminoloxía empregados. Pautas para unha linguaxe sinxela, asequible ós usuarios das institucións sanitarias.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5106Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (sector de Vigo)7, 8, 9, 10, 11, 14, 15 de maio16.30-20.30 h

5107Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector da Coruña)28, 29, 30, 31 de maio e 4, 5, 6 de xuño16.30-20.30 h

5108Hospital da Costa (Burela)11, 12, 13, 14, 18, 19, 20 de xuño16.30-20.30 h

5109Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela17, 18, 19, 20, 21, 24, 25 de setembro16.30-20.30 h

5110Complexo Hospitalario de Pontevedra8, 9, 10, 11, 15, 16, 17 de outubro16.30-20.30 h

5111Hospital do Meixoeiro22, 23, 24, 25, 29, 30, 31 de outubro16.30-20.30 h

55. Básico de linguaxe administrativa galega.

-Nº de edicións: 3.

-Nº de horas por edición: 30.

-Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º. Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención primaria. 2º. Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º. Grupos A, B, C e D da función administrativa de atención especializada. 2º. Grupos A, B, C e D da función administrativa de clínica de atención primaria.

-Obxectivos: mellora-la redacción administrativa, con especial atención ás peculiaridades do idioma galego.

-Contidos: a lingua común e a linguaxe administrativa. Pautas para unha correcta redacción administrativa. Análise da documentación administrativa básica.

Lugar de realizaciónPrazasDatasHorario

5112Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela3020, 21, 22, 26, 27, 28, 29 de marzo16.30-20.30 h

5113Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (sector de Pontevedra)2517, 18, 19, 23, 24, 25, 26 de abril16.30-20.30 h

5114Complexo Hospitalario de Ourense3024, 25, 26, 27 de setembro e 1, 2, 3 de outubro16.30-20.30 h

56. Estudio do marco normativo e funcional do persoal administrativo.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1º. Administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de atención primaria. 2º. Administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1º. Administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de atención especializada. 2º. Administrativos, auxiliares administrativos e persoal de servicios xerais de clínica de atención primaria.

-Obxectivos: revisa-la orientación e formación dos grupos profesionais destinatarios e o seu papel nas institucións sanitarias do Sergas.

-Contidos: réxime xurídico do persoal non sanitario da función administrativa. Características e funcións das distintas categorías: revisión das súas funcións e da execución prestacional. O seu papel na estructura das institucións sanitarias. Perspectivas de futuro. Atención ó usuario e información: nocións básicas para a mellora da formación.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5115Xerencia de Atención Primaria de Lugo11, 12, 13, 14, 15 de xuño16.30-20.30 h

5116Complexo Hospitalario Xeral-Calde18, 19, 20, 21, 22 de xuño16.30-20.30 h

57. Estrés, técnicas de relaxación, motivación e autoestima.

-Nº de edicións: 9.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1. Grupos C e D da función administrativa, persoal de servicios xerais e celador de atención primaria. 2. Grupos C e D da función administrativa, persoal de servicios xerais e celador de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1. Grupos C e D da función administrativa, persoal de servicios xerais e celador de atención especializada. 2. Grupos C e D da función administrativa, persoal de servicios xerais e celador de atención primaria.

-Obxectivos: crear novos marcos de referencia para contribuír ó desenvolvemento persoal. Modifica-lo comportamento e consegui-lo equilibrio indispensable mediante o adestramento diario da relaxación. Comprender que o comportamento humano está determinado por un conxunto de elementos que activan e manteñen as conductas dos individuos.

-Contidos:

a) Estrés e técnicas de relaxación:

-Módulo I. Ansiedade e estrés: definición. Causas.

-Módulo II. Tratamento do estrés.

-Módulo III. A relaxación.

-Módulo IV. A respiración.

-Módulo V. A conciencia.

-Módulo VI. A relaxación e o noso corpo.

-Módulo VII. Proxección laboral.

b) Estrés e técnicas de relaxación:

-Módulo I. A motivación.

-Módulo II. A frustración como cara oposta da motivación.

-Módulo III. Autoestima.

Lugar de realizaciónPrazasDatasHorario

5117Complexo Hospitalario Xeral-Calde3526, 27, 28, 29, 30 de marzo16.30-20.30 h

5118Complexo Hospitalario de Pontevedra352, 3, 4, 5, 6 de abril16.30-20.30 h

5119Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector da Coruña)357, 8, 9, 10, 11 de maio16.30-20.30 h

5120Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza3521, 22, 23, 24, 25 de maio16.30-20.30 h

5121Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (sector de Pontevedra)2511, 12, 13, 14, 15 de xuño16.30-20.30 h

5122Xerencia de Atención Primaria de Lugo3524, 25, 26, 27, 28 de setembro16.30-20.30 h

5123Xerencia de Atención Primaria da Coruña-Ferrol (sector de Ferrol)351, 2, 3, 4, 5 de outubro16.30-20.30 h

5124Complexo Hospitalario Xeral-Cíes3515, 16, 17, 18, 19 de outubro16.30-20.30 h

5125Xerencia de Atención Primaria de Pontevedra-Vigo (sector de Vigo)355, 6, 7, 8, 9 de novembro16.30-20.30 h

58. Atención ó usuario.

-Nº de edicións: 3.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1. Grupos C e D da función administrativa, persoal de servicios xerais e celador de atención primaria. 2. Grupos C e D da función administrativa, persoal de servicios xerais e celador de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1. Grupos C e D da función administrativa, persoal de servicios xerais e celador de atención especializada. 2. Grupos C e D da función administrativa, persoal de servicios xerais e celador de atención primaria.

-Obxectivos: amplia-la súa capacidade de relación, tanto co usuario como no contorno laboral e persoal. Desenvolver e comunicar unha mentalidade de servicio total ó usuario. Avanzar no aprecio da profesión e sentirse valiosos no seu desempeño. Desenvolver habilidades ou destrezas aplicables no posto de traballo respecto á atención ó usuario.

-Contidos: módulo I. A organización orientada ó usuario. Módulo II. Comunicación co usuario. Módulo III. Habilidades de comunicación co usuario. Módulo IV. Manexo de conflictos. Módulo V. Control do enfado. Módulo VI. Tratamento de queixas. Módulo VII. Atención telefónica.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5126Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela2, 3, 4, 5, 6, de abril16.30-20.30 h

5127Hospital do Meixoeiro24, 25, 26, 27, 28 de setembro16.30-20.30 h

5128Complexo Hospitalario Xeral-Cíes1, 2, 3, 4, 5 de outubro16.30-20.30 h

59. A facturación a terceiros na rede sanitaria do Sergas.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 25.

-Nº de horas por edición: 12.

-Destinatarios: persoal de institucións sanitarias do Sergas que presta servicios nas áreas de facturación, admisión, servicios centrais e asistenciais.

-Obxectivos: ofrecerlles ós profesionais destas áreas información e afondar na importancia da coordinación das diversas áreas como ferramenta para cambiar hábitos erróneos e lograr unha maior eficacia.

-Contidos: aspectos normativos da facturación a terceiros. Convenios. A recolleita de información como ferramenta básica. Pautas para mellora-la coordinación entre as áreas implicadas no proceso de facturación. Información sobre o desenvolvemento de todo o proceso.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5129Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela6, 7, 8 de novembro16.30-20.30 h

60. Planificación de tarefas administrativas.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 25.

-Nº de horas por edición: 30.

-Destinatarios:

a) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención primaria, por orde preferente: 1. Persoal administrativo de secretarías médicas de atención primaria. 2. Persoal administrativo de secretarías médicas de atención especializada.

b) Naquelas edicións correspondentes a institucións sanitarias de atención especializada, por orde preferente: 1. Persoal administrativo de secretarías médicas de atención especializada. 2. Persoal administrativo de secretarías médicas de atención primaria.

-Obxectivos: mellora-la metodoloxía do traballo.

-Contidos: optimización do tempo, acumulación e priorización de tarefas. Protocolos: qué son e cómo se elaboran.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5130Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 de

maio

16.30-20.30 h

61. Acceso á información nun centro sanitario.

-Nº de edicións: 8.

-Nº de prazas: 25.

-Nº de horas por edición: 30.

-Destinatarios: por orde preferente: 1. Persoal administrativo. 2. Persoal sanitario.

-Obxectivos: dar a coñecer ó persoal a importancia da confidencialidade da información.

-Contidos: como circula a información. Quen a manexa. Diferentes soportes. Puntos críticos. Confidencialidade. Seguridade da información. Calidade. Bases de datos.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5131Hospital Comarcal de Monforte de Lemos20, 21, 22, 26, 27, 28, 29 de marzo16.30-20.30 h

5132Hospital da Costa (Burela)17, 18, 19, 23, 24, 25, 26 de abril16.30-20.30 h

5133Hospital Comarcal de Valdeorras7, 8, 9, 10, 14, 15, 16 de maio16.30-20.30 h

5134Xerencia de Atención Primaria de Santiago de Compostela28, 29, 30, 31 de maio e 4, 5, 6 de xuño16.30-20.30 h

5135Hospital do Meixoeiro11, 12, 13, 14, 18, 19, 20 de xuño16.30-20.30 h

5136Complexo Hospitalario Xeral-Calde24, 25, 26, 27 de setembro e 1, 2, 3 de outubro16.30-20.30 h

5137Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza15, 16, 17, 18, 22, 23, 24 de outubro16.30-20.30 h

5138Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos22, 23, 24, 25, 29, 30, 31 de outubro16.30-20.30 h

62. Financiamento do sistema sanitario. Orzamentos. Contabilidade. Contratación administrativa de servicios públicos e obras.

-Nº de edicións: 2.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 36.

-Destinatarios: persoal de institucións sanitarias do Sergas que presta servicios en áreas de contabilidade, orzamentos e contratación administrativa.

-Obxectivos: que os traballadores nestas áreas poidan actualizar uns coñecementos, o que permitirá obter uns mellores resultados na xestión do Sergas.

-Contidos: análise do orzamento do Sergas, estructura, contido e modificacións. Financiamento do sistema. Recursos propios. Facturación. Contabilidade pública. Análise de distintos tipos de contratación dentro da contabilidade pública.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5139Complexo Hospitalario Xeral-Cíes17, 18, 19, 20, 23, 24, 25, 26, 27 de abril16.30-20.30 h

5140Xerencia de Atención Primaria de Ourense11, 12, 13, 14, 15, 18, 19, 20, 21 de xuño16.30-20.30 h

63. Calidade en cociña hospitalaria.

-Nº de edicións: 3.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 42.

-Destinatarios: cociñeiros, pinches e gobernantas de institucións sanitarias do Sergas.

-Obxectivos: o desenvolvemento das novas directivas referentes ó autocontrol hixiénico, tanto nos productos utilizados nas cociñas como nos procesos que se desenvolven nelas, fan necesario a implantación de protocolos de actuación que garantan o control absoluto dos momentos de risco polos que pode pasa-lo producto durante a cadea alimentaria. Estas novas ferramentas de control plásmanse basicamente nos manuais de análise de perigos e puntos críticos de control, que esixirán uns requisitos previos de formación en bos costumes de manipulación, establecementos de protocolos de limpeza, esixencias mínimas no desenvolvemento de locais, tecnoloxías e sistemas de traballo, etc. O coñecemento e achegamento dos principais implicados: cociñeiros, pinches e gobernantas será básico na implantación con éxito destes novos sistemas de aseguramento da calidade.

-Contido:

* Módulo I. Os manipuladores de alimentos: guía de boas prácticas.

-Na recepción de mercadorías.

-Na almacenaxe.

-Na preparación.

-Na elaboración.

-Na emprataxe.

-Na distribución.

* Módulo II. Establecemento de protocolos de limpeza.

-Diferenciación de protocolos de limpeza.

-Coñecemento de áreas e circuítos en cociña.

-Coñecemento de sistemas de limpeza.

-Aseguramento e control.

-Condicións mínimas de locais, maquinaria e ferramenta.

-Condicións arquitectónicas.

-Circuítos de traballo.

* Módulo III. Análise de perigos e puntos críticos de control.

-Definicións do sistema.

-Obxectivos.

-Diagramas de fluxo.

-Rexistro e aseguramento do producto.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5141Complexo Hospitalario Xeral-Cíes2, 3, 7, 8, 9, 10, 11, 14, 15, 16 de maio16.30-20.30 h

5142Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza28, 29, 30, 31 de maio e 1, 4, 5, 6, 7, 8 de xuño16.30-20.30 h

5143Complexo Hospitalario de Pontevedra24, 25, 26, 27, 28 de setembro e 1, 2, 3, 4, 5 de outubro16.30-20.30 h

64. Lexislación sanitaria aplicable ás unidades de restauración hospitalarias.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal de cociña.

-Obxectivos: formar en lexislación sanitaria aplicable a unha Unidade de Restauración Hospitalaria.

-Contidos: lexislación de comedores colectivos. Directiva 93/43/CEE, do Consello Europeo. R.D. 2207/1995, do 28 de decembro. R.D. 202/2000, do 11 de febreiro. Regulamento de manipuladores de alimentos da Xunta de Galicia. Decreto 239/1986. Normas complementarias Orde 30-4-1987, do 22 de xuño de 1987.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5144Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos26, 27, 28, 29, 30 de marzo16.30-20.30 h

65. Frío industrial aplicado ó aire acondicionado.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 30.

-Nº de horas por edición: 20.

-Destinatarios: persoal de institucións sanitarias do Sergas que realice labores de mantemento e control de instalacións, con inclusión do persoal relacionado coas infraestructuras hospitalarias.

-Obxectivos: formar e actualiza-lo persoal en temas de frío industrial.

-Contidos: frío industrial aplicado ó aire acondicionado.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5145Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos7, 8, 9, 10, 11 de maio16.30-20.30 h

66. Conductor de instalacións.

-Nº de edicións: 1.

-Nº de prazas: 35.

-Nº de horas por edición: 112.

-Destinatarios: por orde prioritaria: 1. Calefactores, electricistas e mecánicos. 2.Outro persoal de mantemento.

-Obxectivos: imparti-los coñecementos necesarios para o desempeño do posto de conductor de instalacións en institucións sanitarias do Sergas.

-Contidos: definición de mantemento. Sistemas de mantemento. O mantemento preventivo e correctivo. Os custos do mantemento. Influencia dos métodos. Control das instalacións. Aspectos técnicos. Emerxencias. Prevención de riscos. Augas potables e augas de diálise. Electricidade. Fluídos térmicos. Gases medicinais.

Lugar de realizaciónDatasHorario

5146Complexo Hospitalario de Ourense24, 25, 26 de abril, 22, 23, 24 de maio, 12, 13 de xuño, 25, 26, 27 de setembro e 16, 17, 18 de outubro9-13 e 15-19 h