Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Xoves, 01 de febreiro de 2001 Páx. 1.238

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de decembro de 2000 pola que se convocan axudas económicas para o acollemento familiar de persoas maiores e minusválidas.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 3, do 4 de xaneiro de 2001, cómpre face-las seguintes correccións:

a) Na páxina 132, no artigo 7º.2 parágrafos 2º e 3º onde di: «Entenderanse estimadas as peticións cando non recaese resolución expresa no prazo establecido para dictalas.

No caso de se producir resolución estimatoria pero, por falta de dispoñibilidade orzamentaria, non puidese concederse a axuda nese momento, o beneficiario pasará a formar parte dunha lista de espera.»; deberá dicir: «Entenderanse desestimadas as peticións cando non recaese resolución expresa no prazo establecido para dictalas.

No caso de que por falta de dispoñibilidade orzamentaria non puidese concederse a axuda nese momento, o beneficiario pasará a formar parte dunha lista de espera.».

b) Na páxina 132, no artigo 7º.3 onde di: «3. No caso de producírense baixas debidamente acreditadas, procederase á súa cobertura concedendo novamente as axudas ás persoas que máis o necesiten dentro daquelas ás que lles fose denegada con base nesta convocatoria por insuficiencia orzamentaria, e producirá efecto o día primeiro do mes seguinte

ó da súa concesión»; deberá dicir: «3. No caso de producírense baixas debidamente acreditadas procederase á súa cobertura concedendo novamente as axudas ás persoas que máis o necesiten dentro daquelas que figuren en lista de espera, en función das prioridades fixadas nesta orde, producindo efecto desde o día primeiro do mes seguinte ó da súa concesión».