Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO.

O Concello de Oleiros contrata, por medio de concurso con procedemento aberto, a execución da obra seguinte:

Obxecto: rehabilitación da vivenda do fareiro de Mera e do seu contorno para destinala a centro de interpretación do litoral da costa de Dexo-Serantes.

Ortamento de licitación: 21.026.740 pesetas (co IVE).

Clasificación.

Cateoría c.

Subgrupos C-1, C-4, C-6, C-8,C-9, I-6, J-4, K-4, K-5.

Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Prazo de execución: cinco meses.

Proposicións: poderán presentarse no rexistro xeral do Concello de Oleiros durante o prazo de vinteseis días (26) naturais contados a partir do día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación xa sexa no BOP ou no DOG; ata as 13 horas.

Prego de condicións: poderá recollerse na Secretaría Xeral do Concello de Oleiros, desde as 9 ata as 13 horas.

Os gastos de publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Oleiros, 16 de xaneiro de 2001.

Esther Pita Pita

Alcaldesa