Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2001, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e o estudio de impacto ambiental da variante da estrada AC-142, treito: Goente-C-641. As Pontes de García Rodríguez. (Clave AC/99/66.1).

Aprobado provisionalmente, por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, da Xunta de Galicia, con data do 20 de novembro de 2000, o proxecto de trazado: variante estrada AC-142, treito: Goente-C-641. As Pontes de García

Rodríguez. Clave: AC/99/66.1, sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no BOE, para o fin de que as persoas que o estimen oportuno, poidan formular por escrito ante o Servicio Provincial de Estradas da Coruña, as observacións que crean convenientes, de acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, sinalándose que o citado proxecto de trazado se pode examinar durante o dito período, en horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas, no Servicio Provincial de Estradas da Coruña e no Concello das Pontes de García Rodríguez.

Así mesmo, sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no proxecto de trazado durante o prazo de trinta días hábiles, a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia , no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia e no Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental; estando a exposición ó público para este efecto no Servicio Provincial de Estradas da Coruña, na Dirección Xeral de Obras Públicas e no Concello de As Pontes de García Rodríguez.

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2001.

Gerardo Pallares Sánchez

Subdirector xeral de Estradas