Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.220

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA (SALA DO CIVIL E PENAL)

EDICTO (108/1998).

Eu, Alfonso Sánchez González, secretario da Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Autónoma de Galicia, certifico que no recurso de revisión, tramitado nesta sala co número 30/2000, interposto contra María Teresa Carballido Linares e outros, dictado en autos de xuízo de menor contía número 108/1998 tramitados ante o Xulgado de Primeira Instancia da Fonsagrada. Acordouse en Resolución do 11 de xaneiro o emprazamento por edictos de María Teresa Carballido Linares, ou de se-lo caso os seus habentes causa para que, dentro do termo de corenta días compareza ante esta Sala do Civil e Penal para facer uso dos seus dereitos, baixo apercibimento de que, se non comparece, se seguirá o trámite na súa rebeldía.

A emprazada tivo o seu último domicilio coñecido na rúa de Otero Pedrayo, nº 52-2º, da cidade de Lugo.

E para que así conste e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2001.

Rubricado