Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 31 de xaneiro de 2001 Páx. 1.167

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 22 de decembro de 2000 pola que se lle concede autorización definitiva ó centro privado Mercantil de Vigo para impartir educación secundaria obrigatoria, educación especial, educación básica de adultos e se autoriza o cambio de denominación.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Mercantil de Vigo, no que solicita autorización definitiva para impartir educación secundaria obrigatoria, educación especial, educación básica de adultos e o cambio de denominación do dito centro.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, que se remite cos informes correspondentes.

Vistos o Real decreto 334/1985, do 6 de marzo (BOE do 16), de ordenación da educación especial, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve e o Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de persoas adultas.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlle a autorización definitiva ó centro privado Mercantil de Vigo para impartir educación secundaria obrigatoria, educación especial e educación básica de adultos, do que os demais datos se relacionan no anexo.

Segundo.-Autoriza-lo cambio de denominación do antedito centro privado que pasará a denominarse Mercantil.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: Tomás A. Alonso, 56-58.

Código do centro: 36011518.

Denominación específica: Mercantil.

Titular: Colegio Academia Mercantil, S.L.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 3 unidades.

b) Educación primaria: 6 unidades.

c) Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

d) Educación especial: 1 unidade de psíquicos.

e) Educación básica de adultos (quenda de tarde-noite):

-Nivel I: 1 unidade.

-Nivel II: 1 unidade.

-Nivel III: 2 unidades.