Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.150

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 3 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada nos expedientes sancionadores de epizootias 076SA e 344SA/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro que modifica a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE do 23 de decembro), e mais do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros, por R.D. 1665/1976, do 7 de maio (BOE do 21 de xuño), polo que se actualizan as sancións, posto que, intentada a notificación, esta non puido ser efectuada polo servicio de correos.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Servicios Múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, que modifica a Lei 30/1992, do

26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 3 de xaneiro de 2001.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

ExpedienteDenunciado

DNI

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoTipificación da infracción

Regulamento de epizootias

Sanción

076SA/2000José Antonio Bertoa Castro

Soutullo-A Laracha

Carballo-A Coruña

52.432.669Y.

A policía autonómica denuncia que vostede estaba efectuando operacións de venda de gando da especie bovina no mercado de Amio (Santiago de Compostela), carecendo do carné de operador comercial de gandoArt. 5.2º da Orde 4-4-1997 e o 195.2º do Regul. de epiz. en relación co 213 do mesmo regulamento epizootias15.000 pesetas

344SA/2000Carlos Núñez Méndez

Gramela nº 1 San Pedro de Visma A Coruña

Os veterinarios do Serv. de P. e Sanidade Animal denuncian que vostede despois de ser informado de que tivese o gando recollido para a lectura da proba da tuberculina, non había ninguén na explotación e o gando estaba soltoArt. 1 e 11 da Lei de epiz. e o 8.4º da Orde 4-4-1997 en relac. co art. 209.3º do Regulamento epizootias100.000 pesetas