Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.144

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (98/2000).

Eu, Gonzalo-Jorge Cabaleiro de Saa, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela,

Certifico que, no libro de sentencias dictadas en procedementos civís deste xulgado consta que no seu encabezamento e sentencia literalmente di:

«Francisco-Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de separación seguido deste xulgado co número 98/2000, no que actuaron como partes os esposos Manuel Pena Duarte, representado polo procurador Santiago Gómez Martín asistido do letrado José María Cerviño Luces e, como demandada María Luz Trenco Puente, declarada en rebeldía procesual.

Foi parte o Ministerio Fiscal.

Sentencio que debo estimar e estimo a demanda presentada por Manuel Pena Duarte, representado polo procurador Santiago Gómez Martín e asistido do letrado José María Cerviño Luces, contra María Luz Trenco Puente, declarada en rebeldía procesual, declarando a separación do matrimonio que formaban, cos demais efectos legais inherentes ó dito pronunciamento e os que se deixan expostos na fundamentación xurídica desta resolución. Non se fai condena en canto ás custas procesuais. Unha vez firme a presente resolución, anótese no rexistro civil correspondente.

Notifíquese ó rebelde nalgunha das formas previstas na lei».

E para que lle sirva de notificación á demandada declarada en rebeldía María Luz Trenco Puente, expido e asino esta cédula en Santiago de Compostela, o vintecatro de novembro de dous mil.

O secretario

Rubricado