Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.144

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de xaneiro de 2001 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/030 de corpos docentes universitarios convocada por esta universidade.

En cumprimento do disposto no art. 6.8º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, modificado polo Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrados os oportunos sorteo establecidos no artigo 6.6º do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo consello de universidades os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade número 00/030, convocada por Resolución do 9 de xuño de 2000 (BOE do 6 de xullo), comisión que se cita como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

ANEXO

Praza de: profesor titular de universidade.

Área de coñecemento: dereito mercantil.

Praza nº: 00/030.

Comisión titular:

Presidente: Gómez Segade, José Antonio, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Secretario: García-Pita y Lastres, José Luis, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Rodríguez Artigas, Fernando, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vega Pérez, Félix, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Bello Martín-Crespo, M. Pilar, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Comisión suplente:

Presidente: Otero Lastres, José Manuel, catedrático de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Secretario: Río Barro, José Luis, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais: Padilla González, Rafael, catedrático de universidade. Universidade de Cádiz.

Seco Caro, Enrique, profesor titular de universidade. Universidade de Sevilla.

González Vázquez, José Carlos, profesor titular de universidade. Universidade Complutense de Madrid.