Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.132

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 03/0008741/2000 E.M., interposto pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia, contra o Decreto 247/2000, do 29 de setembro, que aproba o Regulamento de capacitación agraria dictado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (Diario Oficial de Galicia número 203, do 19 de outubro).

A Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo 03/0008741/2000 E.M., interposto por Unión Xeral de Traballadores de Galicia, contra o Decreto 247/2000, do 29 de setembro, que aproba o Regulamento de capacitación agraria dictado pola Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (DOG nº 203, do 19 de outubro).

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de xaneiro de 2001.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Política Agroalimentaria