Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 30 de xaneiro de 2001 Páx. 1.121

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000944/2000, interposto por Ana Mª Fariña Potel, Mª Mercedes Espasandín Lois, Francisco Souto García, Mª Jesús Domínguez Legaspi, Javier Oubel Vázquez, Francisco Otero Otero, Luis Jorge Álvarez Ferro, Mª Juana Gutiérrez Melero, Julio Benigno García-Gabilán Sangil.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0000944/2000, interposto por Ana Mª Fariña Potel, Mª Mercedes Espasandín Lois, Francisco Souto García, Mª Jesús Domínguez Legaspi, Javier Oubel Vázquez, Francisco Otero Otero, Luis Jorge Álvarez Ferro, Mª Juana Gutiérrez Melero, Julio Benigno García-Gabilán Sangil, contra a resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 14 de setembro de 2000, pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 13 de setembro de 2000, polo que se aproba a nova relación de postos de traballo da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria (DOG nº 188, do 27 de setembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública