Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.103

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/296-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C. distribución facultade de fisioterapia-A Xunqueira.

Situación: Pontevedra.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 230 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a L.M.T. Caeira ata o centro de distribución proxectado na facultade de fisioterapia, no campus da Xunqueira, no concello de Pontevedra. Centro de distribución con 3 celas de liña C.M.L.-SF6.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 13 de decembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra