Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.102

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/386-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares 23.2º Ofic. 2, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. edificio Ceo das Anduriñas 1-rúa un.

Situación: Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 2 da L.M.T. xeral Salvaterra-Ponteareas, rematando no C.T. que se proxecta no edificio Ceo das Anduriñas 1, na rúa un, concello de Salvaterra de Miño. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 20 kV-230/398 V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se coide pertinente.

Pontevedra, 15 de novembro de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra