Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.096

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión permanente de selección de persoal funcionario, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario constituída ó amparo do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de arquitectos, lista B.

Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 28 de novembro de 2000 pola que se publicaban as listas para a cobertura con carácter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de arquitectos, lista B, e vistas pola comisión permanente de selección de persoal funcionario, na súa sesión do día 11 de novembro de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos ou non figuraban nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados no citado anexo estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

Grupo A: 7.525 pesetas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada nos anexos ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixirlle á comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNIApelidos e nomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total (*)

32.446.368Allegue Fernández, Xosé Santiago0,2000,5000,700

10.187.594Álvarez López, Mercedes0,2000,7500,950

36.063.296Cendon Domínguez, Perfecto0,7500,750

34.951.726Cid Lama, Nicanor0,4000,7501,150

32.748.527Dans Sanjurjo, José Manuel0,2000,200

10.836.358Fernández Rodríguez, Rufo José0,00

35.295.342González García, Mª del Consuelo0,2000,5000,700

32.634.714López Martínez, Santiago0,2000,7500,950

33.150.588Meiras Barreiro, Antonio0,2000,200

33.294.334Morales Herreros, Juan0,7500,750

33.853.090Pasarín Pardo, Pablo Ricardo0,00

79.315.460Quintáns Casais, Mª Alejandra0,2000,200

34.953.011Rodríguez Alcalá, Santiago0,5000,500

33.542.230Ross Faiella, Liliana Luisa0,00

36.091.835Vázquez Fernández, Fco. Javier0,7500,750

35.283.628Vázquez Rosales, Antonio0,4000,400

33.771.826Villarino González, Germán0,2700,270

33.272.381Villaverde Rodríguez, Adolfo José0,6000,7501,350

(*) Aplicados os topes máximos por epígrafe do baremo (artigo 12 b) do Decreto 89/1997).