Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.095

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión permanente de selección de persoal funcionario, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal funcionario constituída ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fan públicas as emendas da lista provisional do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de enxeñeiros industriais, lista B.

Rematado o prazo fixado na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 27 de novembro

de 2000 pola que se publicaban as listas para a cobertura con caracter temporal, mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondentes ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A) escala de enxeñeiros industriais, lista B, e vistas pola comisión permanente de selección de persoal funcionario, na súa sesión do día 11 de xaneiro de 2001, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público como anexo a esta resolución a relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados no citado anexo estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a remitirlle á Dirección Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa:

Grupo A: 7.525 pesetas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), escala de enxeñeiros industriais, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 10 de xullo de 2000.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada nos anexos ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixirlle á comisión permanente de selección de persoal funcionario (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

DNIApelidos e nomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total (*)

32790409Claríns Estrada, Julio0,2000,7500,950

32662442Castiñeiras Lorenzo, Rubén0,2000,7500,950

(*) Aplicados os topes máximos por epígrafe do baremo (artigo 12.b. do Decreto 89/1997).