Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.080

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2000, da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, pola que se autorizan as estadías formativas en empresas ou institucións destinadas a funcionarios docentes non universitarios para o curso 2000-2001.

En virtude da Orde do 26 de xullo de 2000 (DOG do 4 de agosto), pola que se convocan estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2000-2001, destinadas a funcionarios docentes non universitarios e se aproban as súas bases de concesión, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-las estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2000-2001 que figuran no anexo I desta resolución.

Segundo.-Non autoriza-las estadías formativas en empresas ou institucións para o curso 2000-2001 que figuran no anexo II desta resolución por non cumprir coas bases da convocatoria, sendo polo tanto excluídas ou ben por presenta-la súa renuncia conforme se establece na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2000.

Mª Pilar del Mar Pérez Marsó

Directora xeral de Ordenación Educativa

e Formación Profesional