Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 29 de xaneiro de 2001 Páx. 1.077

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 18 de xaneiro de 2001 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da Deputación Provincial de Ourense.

A Deputación Provincial de Ourense, en sesión ordinaria do Pleno provincial celebrada o día 27 de outubro de 2000, adoptou o acordo relativo á creación do posto de colaboración de vicesecretario/a, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional, propoñendo a súa clasificación en clase primeira.

O artigo 2.g) do citado Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, establece que os postos de colaboración poden ser creados discrecionalmente polas corporacións locais e serán clasificados por proposta daquelas administracións polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Por todo isto, en aplicación do establecido nos artigos 2.g) e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso da atribución do artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, esta consellería

DISPÓN:

O posto de traballo de vicesecretario/a da Deputación Provincial de Ourense, clasifícase en clase primeira (1ª), reservándose a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional da subescala de secretaría, categoría superior.

Contra a presente orde que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes a contar desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, de 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a contar desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, de 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 18 de xaneiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública